Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

martes, 21 de noviembre de 2006

GRANDES FASTOS E DILAPIDACIÓNS NA INAUGURACIÓN DA MAXESTÁTICA CASA DO CONCELLO DE ARES



Mágoa de que non fose ese edificio destinado ao novo Centro de Saúde.

Os Reis de España declinaron a invitación para a inauguración, polo que non hai prevista asistencia de Autoridades.


Cendán será o auténtico "Rei do Mambo" arroupado polos seus "palmeiros e palmeiras".

A BURRO MORTO, CEBADA O RABO
Cando Manuel Cendán deixe xa de ser Alcalde, poderá falar a XUSTICIA, según Política Territorial da Xunta. ¡Outra que ben baila!

"Operación Ciscada", para SALSA ROSA

¡Que lle tiren do rabo!

Dende Política Territorial informaron de que a consellería non ten competencias para prohibir a inauguración da nova casa pública malia o feito de tratarse dunha obra parada no seu día pola Xunta. Así, indicaron que «non se pode facer nada» para evitar que o día 6 se abran as portas do edificio e que, posteriormente, estea en funcionamento.

Sen embargo, a longo prazo si que pode haber novidades. E é que a Consellería informou de que ten interposto un recurso contencioso-administrativo contra o Concello de Ares por este asunto. Así, o dito por Política Territorial é que «a xustiza falará no seu momento, visto que o alcalde de Ares, José Manuel Cendán, fixo caso omiso á orde de paralización que emitiu da dirección xeral de Urbanismo». E, novamente, subliñouse que «é unha obra que afecta a zonas clasificadas no ordenamento como verdes».

O alcalde de Ares, José Manuel Cendán, rescatou os argumentos que xa expuxera cando a Consellería de Política Territorial lle ordenou paralizar as obras do edificio -unha orde que non acatou-. O rexedor dixo que «a obra non é ilegal e a competencia das licenzas de obras é municipal e non autonómica. En todo caso, se a consellería non está de acordo cunha licenza outorgada legalmente pode ir, como calquera veciño, ante a Sala do Contencioso Administrativo».
Reiterou tamén Cendán que «o edificio cumpre a normativa urbanística» e que «é lamentable que unha licenza do ano 2002, aprobada polo Concello, co cambio da Xunta, se queira revisar no 2006 véndose así un claro revanchismo político». O munícipe tamén reclamou que «esta obra tiña unha subvención de 92 millóns das antigas pesetas concedidas pola anterior Xunta que o novo Goberno lle retirou».
Pero dende o goberno local aresán non só se arremeteu contra Política Territorial senón tamén contra a oposición, formada por BNG e PSOE. O alcalde, diante do anuncio da non asistencia dos grupos á inauguración do consistorio, dixo que «oxalá que, xa que non veñen o primeiro día, nunca máis o fagan e deixen tranquilos ao pobo».

A OPOSICION NON ESTARÁ NA INAUGURACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA da ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE ARES, sobor desta Nova
“”Provocación á cidadanía, dilapidación dos fondos públicos con fins partidistas e delirios de grandeza, e desafío ao estado de dereito.
Esta é a consideración que merece o anuncio feito desde a Alcaldía de Ares a respecto dos “actos” convocados para o vindeiro día 6 de Decembro – Día da Constitución – no que ten previsto inaugurar as instalacións da nova casa do concello de Ares.Deixando de lado o feito de que nos teñamos enteado desta “programación” polos medios de comunicación, desde o BNG queremos subliñar os antecedentes deste asunto:

· O proxecto de obra non foi aprobado polo Pleno do Concello.
· O proxecto de execución non saíu a licitación, levándose a cabo por administración; ou ben adxudicando unidades de obra a particulares e empresas.
· O proxecto de execución non contou coas correspondentes normas de seguridade laboral.


· O proxecto foi paralizado no pasado mes de Xuño pola Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta, debido a que parte das instalacións están construídas sobre un espacio catalogado como zona verde no PXOM.


· A orde de paralización non foi acatada desde a Alcaldía, nin tampouco se fixo expediente algún para a posíbel legalización das obras.


· A Xunta de Goberno adxudicou a unha empresa suministros de mobiliario para as instalacións por valor superior aos 316.000 euros, prescindindo do procedemento de subhasta ao que obriga a lei, e a pesar do informe negativo do Secretario Xeral do Concello ao devandito procedemento.

Calquera pode ver, á luz dos dados anteditos, que estamos diante dun proceso inzado de ilegalidades aos que agora preténdeselle poñer a “guinda” cun acto provocador que constitúe un verdadeiro atentado á intelixencia.

Ademais, hai que subliñar aquí o feito de que estes actos vaian celebrarse precisamente o Día da Constitución, situación que resulta verdadeiramente patética, por canto todas as actuacións levadas a cabo desde o grupo municipal de goberno para a execución destas obras son a antítese dos valores constitucionais: respecto da legalidade, transparencia na actuación dos poderes públicos, etc.…

Entendemos que os delirios de grandeza e suntuosidade que desborda o “programa de actos” previsto para o día 6 resulta claramente ofensivo para o conxunto de administrados e administradas que teñen que asistir a un espectáculo noxento no que, mentres que se derrochan os fundos nesta campaña de verdadeiro descrédito para a institución municipal, os servizos e necesidades básicas están desatendidos.

Mención especial merece, baixo o noso punto de vista, a ofensa que representa toda esta actuación prevista desde o goberno municipal para o movemento asociativo existente no noso concello, que para todas as actividades que ten que desenvolver no presente ano non vai recibir nin o 10% do que vai gastar o grupo de goberno nun só día. Sen esquecer, por suposto, que a organización do “espectáculo” vaise facer nas instalacións do polideportivo municipal que foi remozado recentemente – concretamente, coa dotación de solo de parqué – cunha subvención da deputación superior aos 500.000 euros.

O BNG quere mostrar dun xeito especial a súa preocupación pola pasividade demostrada desde a Dirección Xeral de Urbanismo perante o incumprimento do concello no tocante á paralización das obras e necesario respecto á legalidade urbanística; toda vez que desde o pasado mes de Xuño a nosa organización remitiu á Xunta tres escritos nos que se daba conta do desacato do grupo de goberno aos requirimentos feito desde a Xunta, sen que ata esta data teñamos recibido contestación algunha nin tampouco se teña producido requirimento algún da Dirección Xeral de Urbanismo sobre o particular.

En consecuencia e, vista a gravidade dos feitos que estamos a comentar, desde o BNG imos a pór en marcha as seguintes iniciativas:

1. Requirir da Dirección Xeral de Urbanismo que, antes do vindeiro 6 de Decembro, demande do Concello de Ares o cumprimento da paralización das obras da nova casa do concello decretada o pasado mes de Xuño e, consecuentemente, esixir as responsabilidades a que houbese lugar polo incumprimento da mesma.

2. Advertir que, caso de que non se producise esta actuación da Xunta, desde o BNG tramitaremos perante a fiscalía todos os antecedentes e irregularidades que rodean a execución destas obras; por se os mesmos fosen constitutivos de delicto.

3. Levar a cabo unha campaña informativa para que o conxunto da cidadanía coñeza a situación irregular na que se executaron as obras e as consecuencias económicas que se derivan do derréoche de fundos públicos para as arcas municipais.

4. Anunciar, como non podía ser doutro xeito, que os concelleiros do BNG non asistirán aos actos do vindeiro día 6; por non se converter en cómplices dunha situación que revela unha concepción partidista, antidemocrática e carente da mínima transparencia das institucións.””


Romayo de Chanteiro

miércoles, 11 de octubre de 2006

O ALCALDE DE ARES, IMPUTADO XA POR DELICTO ELECTORAL



Diciamos fai un par de días que ao Alcalde de ARES lle adiantaban outros pola dereita e pola esquerda na carreira á corrupción.

Pero que tiña xa boa base para opositar a un posto entre estes chourizos, que aproveitan a función pública no seu beneficio e proveito.

Ou en proveito das súas amizades, parentes e colegas de partido ou ideoloxía.

É o nepotismo, do que temén acúsaselle recentemente, pola provisión e blindaxe dos enchufados a dedo no Concello.
Intentando con esto crear unha administración paralela, afín o PP en postos clave para o funcionamento do Concello.

lunes, 9 de octubre de 2006

Novo Concello de Ares, Inauguración o 6 de decembro -DIA DA CONSTITUCION


Novo concello - Tomate & Pocholadas

O alcalde de Ares debe aprender aínda un pouco mais de outros máis famosos. Ocorre que adiántanlle pola dereita e pola esquerda.
Porque aínda que xa ten boa base para ir a oposicións, e de feito xa ten casos de "famoseo" ben célebres, outros estanlle levando vantaxe.

Debe darse présa para entrar un pouco máis no "famoseo tomatero" dos Alcaldes patanes, linguateiros, chourizos, corruptos e prevaricadores.
Os exemplos son múltiples, abonda pensar en Marbella e ver a saga que deixou o "ostentóreo" Xesús Gil.


Pero non fai falta ir tan lonxe en Galicia temos casos a magallón e nas inmediacións fálase estes días de Cabanas e Ortigueira.


A cada Santo chégalle o seu día e a cada porco o seu San Martín.
Aos Santos tárdase en elevalos aos altares e os alcaldes teñen que facer tamén méritos e trapalladas para chegar ao abismo.

O de Ares, con todo o que se dí que leva feito, non hai forma de levalo ás tebras. E exultante anuncia aos medios que pronto inaugurará o Novo Concello, sobre o que pesa unha orden de paralización de obras.

Da obra di que se sente orgulloso. Igual que un Faraón de súas pirámides, o Caudillo do seu Val dos Caídos e Fraga supoño que da sua, aínda non se sabe, Cidade da Cultura do monte Gaiás.

Obras así fanse, sobre todo, por soberbia histórica, para pasmar e inmortalizar o fugaz.

Pero, mentres non chega ese día, tantas veces anunciado e prometido, xa pódese "gozar" do son hortera e machacón cada 15 minutos, do Reloxo Consistorial.

Non sabemos se tamén de noite, pero durante o día á parte das badaladas, en certos momentos soan varias melodías dixitalizadas: O himno nacional, o de Galicia, o Antigo Reino e incluso escoitamos, supoñemos que en probas: A Sálvea Mariñeira, e outras pezas máis.

Bótase de menos neste ano da Memoria histórica, que non se inclúa a versión enxebre do Himno de Riego.

Romayo de Chanteiro

jueves, 21 de septiembre de 2006

RECUPERACION Y CONSERVACION DEL "MONASTERIO DE SANTA CATALINA, DE MONTEFARO (ARES)"


El BNG de Ares denunció, en el pasado mes de agosto, el "grave" estado de deterioro en el que se encuentra el Monasterio de Santa Catalina de Montefaro y señaló que se usa para 'streptease', churrascadas y motos.
Los responsables locales del grupo nacionalista matizaron que, aunque llevan meses elaborando un informe al respecto, el riesgo a causa del incendio que pudo haber calcinado al monumento, les llevó a hacer público el resultado de sus investigaciones.
El portavoz del BNG local de Ares, presentó un dossier en el que se recoge información sobre las actividades que se están llevando a cabo en el interior de un monasterio declarado Bien de interés Cultural (BIC).
Además de una cantina a cargo de la Asociación de Amigos de Santa Catalina, en el lugar se celebran festejos y varias empresas prestan sus servicios privados para la grabación de videos y reportajes fotográficos.
En el edificio están también, 'Los Comancheros', una asociación de moteros a los que "el alcalde ha dado autorización para tomar parte del monasterio como sede", explicó Manuel Rodríguez Doval, portavoz del grupo municipal. Según Doval el primer edil de Ares, José Manuel Cendán (PP), concedió ese permiso sin que fuese presentado a pleno, "cometiendo una nueva irregularidad en ese asunto".
CEDIDO POR DEFENSA El monasterio de Santa Catalina es un edificio de origen medieval vinculado a los Andrade, reformado en tiempos del Barroco y convertido en cuartel de artillería en el siglo XX. El Ministerio de Defensa lo cedió al municipio de Ares hace siete años.
En el acuerdo se le permitía al ayuntamiento aresano gestionar el inmueble durante 25 años a cambio del cumplimiento de una serie de condiciones relativas a su mantenimiento, conservación y buen uso.
ACTA NOTARIAL

Según el BNG, "ninguno" de esos preceptos se cumple pues "a pesar de la bonanza económica que vive el ayuntamiento gracias al auge urbanístico, tan sólo se dedican 6.000 euros del presupuesto anual para el mantenimiento del edificio".
Para dar "mayor credibilidad" al estado y a los usos "inapropiados" del inmueble, los nacionalistas levantaron acta notarial de las actividades anunciadas y de las obras acometidas en el monasterio que no cuentan con las autorizaciones pertinentes.
Un edificio catalogado como BIC precisa del permiso de Patrimonio para poder realizar cualquier reforma, según especifica el artículo 11/16 de la ley de patrimonio, "pero en Montefaro los miembros de las dos asociaciones allí ubicadas realizan reformas a su antojo sin encomendarse a nadie", aclaró Rodríguez Doval.
Por ello, el BNG decidió enviar el acta notarial junto con el contenido de sus pesquisas a la Dirección Xeral de Patrimonio, a la Fiscalía, con objeto de buscar responsabilidades penales, y al Ministerio de Defensa para que "rescinda la cesión", pues el BNG consideró que el edificio "estará en mejores manos si regresa a su antiguo propietario, al menos mientras no se
garantice un buen uso del mismo".

La citada Acta de Presencia del día 7 de Agosto fue otorgada por la Notario de Mugardos Natalia Elvira Moreno Ibáñez, y, entre otras consideraciones y circunstancias sobre su presencia en el Monasterio expone que es para dejar constancia del lamentable estado de conservación del Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, cedido por Defensa al concello de Ares por un plazo de 25 años.
No hay inventario de bienes ni guía que explique la historia de este Monasterio ligado a la casa de los Andrade.
Allí funciona una CANTINA de los "Amigos del Monsterio de Santa Catalina", una Agrupación de Moteros y hay también un anuncio que ofrece Servicio de Fotografía y Video para celebraciones de todo tipo en estas instalaciones, a buen precio.
Se constata que estos servicios vulneran la prohibición legal del ánimo de lucro.No hay personal controlador de visitas ni se cobra la cuota fijada por el Concello de Ares.
En un local del sótano habilitaron una sede para el grupo de moteros "Los Comancheros". Allí tienen un televisor, microondas, refrigerador, depósito de cerveza, radiocasete, bombona de butano, mesa, sillas de bar y bebidas.En otro local hay servicio de water y lavabo, y en otro contiguo: herramientas y materiales de obras.

El representante de los moteros dice que es una Asociación sin ánimo de lucro, que tienen documentación del Ayuntamiento para hacer las restauraciones y arreglos en este local, para sus actividades y que han instalado una barra y un baño. En la parte de arriba tienen una sala de reuniones tipo albergue con camas y en la parte de abajo un ambigú.
Este representante insiste en que el Concello les dio permiso y que han invertido unos 3.000 Euros en las obras de acondicionamiento. Dice que él es el Presidente del Club y que diariamente habla con el Concello. Que llevan en este local desde el 11 de diciembre y que es una tal Conchi (parece que secretaria particular del Alcalde), la que les ha gestionado con el Ayuntamiento el emplazamiento de este local.Dice que limpiaron toda la porquería que había, que su Asociación es abierta pero selecciona a la vez a la gente, pues sus tres pilares básicos son: salud, familia y trabajo. Que es un club blanco ajeno a las drogas, auque sí admite alcohol y echan una mano a RETO o a cualquier asociación.
Dice que el Concello les manifestó, a través de Conchi, que les concedían la cesión de uso precisamente para que lo cuidaran.

En esa fechas tenían expuesto un cartel que decía:
"COMANCHEROS.FIESTA BIKER 12 DE AGOSTO.
MONASTERIO DE SANTA CATALINA. MONTEFARO. ARES.
ACTIVIDADES A PARTIR DE LAS 20.00 HORAS:
CONCIERTO. QUEIMADA. STRIP-TEASE. CHURRASCADA. ACAMPADA. EMPANADAS. JUEGOS".

Romayo de Chanteiro

domingo, 9 de julio de 2006

OUTRA POPULAR FRESCURA DO VRAN NO "REAL CONCELLO DE ARES"


A lixeira verborrea do Alcalde de Ares obrígalle a empezar a tragar sapos.
Xa celebra matrimonios antinaturaies.

¡ Eureka!

Este sábado 8 de xullo, coincidindo coa estancia do Papa Católico en España, e no primeiro aniversario da legalización do matrimonio homosexual contra o cal se manifestaron as hostes Populares do PP, o tamén alcalde popular de Ares, que había profusamente declarado nos medios de comunicación que nunca celebraría "matrimonios antinaturaies, porque todo o mundo ía querer probar de todo", oficiou a unión dunha parella de homoxesuaies que levaba xa moito tempo "vivindo en pecado".

Un dos noivos, xa sesentón é natural de Chanteiro. Manolito do Zoqueiro (Manuel Hermida Peinado), "Manolo Cazolo".
Xa de neno amosaba certo amaneramento, gustáballe xogar coas nenas e ata asistiu á Escola Unitaria de Nenas de Chanteiro, que lle quedaba mais cerca do seu domicilio.

De todos os xeitos casouse cunha muller en A Coruña da cal ten netos. Mais tarde deu renda solta ás súas tendencias e leva máis de vinte anos "vivindo en pecado" con outro home, situación que acaba de legalizar (¿veremos?) o Popular Manuel Cendán, seguindo os pasos de Cabezas en Ourense e doutros moitos populares que carecen de coherencia criticando as leis progresistas, pero logo aproveitándose delas.



Esto dicía o paxaro: Na Cadena SER:

"El Popular José Manuel Cendán, alcalde del municipio coruñés de Ares, sigue en sus trece. Insiste en que no casará a parejas del mismo sexo porque va en contra de su conciencia y advierte de que el matrimonio de gais y lesbianas fomentará la homosexualidad. «Eso va contra la naturaleza», dice rotundo. -Delegaré en algún concejal. Yo no me niego a eso por razones políticas ni religiosas, sino simplemente porque va contra la naturaleza, que es lo más sabio. No hay más que observarla. Ayer, por ejemplo, estaba en el Concello, que está en obras, y había un nido de pájaros: la hembra cuidaba los huevos y el macho iba y venía trayendo la comida. Eso es la naturaleza y lo que dice es que una pareja está formada por un macho y una hembra. No hay más. Además, creo que hay que defender la familia." (Literal del sonido, de la entrevista).


Romayo de Chanteiro

viernes, 9 de junio de 2006

FRESCURAS POPULARES VERANIEGAS


















Comentario informal de un concejal de Ares con un colega también prejubilado de la antigua Bazán.

Colega: - ... Y tú que te dabas tanto pote de ser de una familia de postín ferrolana, como te rebajas a tratar con esos bardalleiros de Ares, que dá vergüenza ....
Concejal: - ... Pushhh ..., a mi lo que me importan son las quinientas mil al mes ...

¡¡ CONCELLOS DE ARES E MUGARDOS, UNIDEVOS !!

Outra Carnavalada
REAIS VILAS
Ares vai ben para a converxencia con Mugardos

O rei Xan Carlos virá no Bribón inaugurar o Concello de Ares, antes de ir para Mallorca, invitado polo Alcalde.
_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
Fala O Rei:
Sr. Alcalde Cendán, Queda inaugurado el REAL CONCELLO DE ARES.
Vámonos ya para el Bribón que está en el pantalán del Náutico.
¡¡¡ Toodoo â baaboor !!!


Xa fai mais de 25 anos que viramos as vantaxas desta unión dos dous Concellos

domingo, 21 de mayo de 2006

¡¡ LA CALLE ES MIA !! - - ¡¡ A rúa e miña !! ¿Lembrades??




¡¡A rúa é miña!!, berraba Fraga Iribarne cando era ministro do Interior no primeiro goberno deste Rei designado por Franco.


Pois, polo que parece, en Ares aínda quedan persoas que se consideran con dereito a ter o seu cacho na rúa reservada para aparcadoiro particular.

Días atrás no "Diario de Ferrol" aparecía unha foto dá rúa Real de Ares onde un veciño pintou en amarelo o seu aparcadoiro privado e a prohibición de aparcar para tódolos demais.

Outro caso digno de mencionar ocorreume a min mesmo na parte dá rúa creo chamada A Lúa, entre a Farmacia e o Bar "Os Nanos", nun anaco cego que dá a un portalón sen sinal de vao nin prohibición algunha, onde habitualmente aparca o Alcalde e outros varios máis.

Pois.... unha vez que puxen o meu coche alí, sentín dende o portalón unha voz inintelixible que parecía dun “simio” e que despois ao achegarse comprobei un home (confirmada a Teoría de Darwin), que me dicía que alí non podíase aparcar. Ao contestarlle que non vía sinal algunha que o prohibise díxome aquilo de: ¡¡ESTA RÚA É MIÑA!!

Non haberá que comentar mais.

Entronques, dicir que nos escasos Estacionamentos para Discapacitados, aparca todo Dios e os policías non os multan, nin sequera os avisan.

¡ Cousas Veredes ! - Todo esto tamén e
corrupción, ¿Ou non? ....

Romayo de Chanteiro