Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

jueves, 30 de mayo de 2013

DUELO ENTRE DAMAS




DUELO ENTRE DAMAS
Co falecemento da "Dama do Atlantico" Karina Falagan, recordamos o episodio habido entre ela e a nosa Alcaldesa de Ares e despois deputada Rosa Miguélez Ramos.
En 1991 Rosa Miguélez, deputada do PSOE, dixo no Parlamento galego:
"Que o Partido Popular teña como militante a unha muller como Karina Fálagan, coñecida prostituta de Vigo, non quere dicir que tódalas mulleres do PP o sexan".
Dous anos despois Karina Falagan entra no Parlamento de Galicia, accede á cafetería onde está Rosa Miguélez e lle pregunta se a coñece.

Despois de recibir un non por resposta deulle unha labazada ao tempo que a insulta. Karina foi denunciada polo Parlamento de Galicia, solicitando seis anos e un día de prisión e un millón de pesetas de multa.

O 27 de febreiro de 1995 díctase sentenza saíndo absolta.

O escrito recolle tamén que a acusada dirixiu á deputada expresións como
"ti chamáchesme puta, e a puta serás ti e os teus socialistas de merda. Eu son unha currante" e "neste Parlamento non hai ovos, pero agora hai ovarios".

Karina atopou a Miguélez tomando un café e malia que tiña un brazo escayolado pegoulle duas bofetadas. "Miroume con cara de noxo", declarou a acusada na vista, coma se fose un piollo.

Cruzóuseme o cable e, como xesticulo moito, fóiseme a man. Parece que lle caeu unha "oblea xacobea". Pero non quixen darlle, porque si quixese, coa forza que teño..." ¡fóiseme a man !
O fiscal Luís García Malvar non pareceu moi compracido co espectáculo,  xa que reprochou á acusación particular que fixese "perder o tempo" á Audiencia cuns feitos que, segundo él, poderían haberse dirimido nun xuízo de faltas. Pero a avogada da Cámara autónoma, Branca Morgade, ratificouse en que se trata dun atentado contra unha parlamentaria en exercicio das súas funcións, polo que pide seis anos e un día de prisión.

Falagan despediuse piropeando ao tribunal: "Seguro que me fan vostedes xustiza porque son uns cabaleiros"
Total, que foi absolta neste xuízo de 1995.

Karina Falagan mantivo durante anos calurosas relacións coa élite do PP galego, a cuxos congresos asistía sempre en lugar preferente.
A agresión a Rosa Miguélez espantou ás súas vellas amizades, polo que facía tempo decidira pedir a baixa como militante antes de que a botasen.

 No xuízo ninguén quixo saír con ela na foto. Non compareceron como testemuñas nin o conselleiro de Interior da Xunta Juan Miguel Diz Guedes (declarou por escrito), nin o alcaldable do PP por Vigo Manuel Pérez, nin sequera a ex parlamentaria agredida.
Tamén delegóu a súa presenza nunha compañeira de despacho o avogado elixido polo Parlamento galego, José Luís Rodríguez, irmán da esposa de Luís Roldán.
Foi unha decepción para Karina porque minutos antes de entrar á sala xa convertera o parentesco do seu acusador nun formidable argumento defensivo.

Como queira que nas súas conclusións iniciais, despois corrixidas, o representante do Parlamento pedía outros seis anos de desterro por un delito contra os altos organismos do Estado, a procesada estaba disposta a propoñer que a canxeasen por Roldán "a ver si así devolve a pasta que lle roubou aos orfos da Garda Civil".