Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

lunes, 9 de octubre de 2006

Novo Concello de Ares, Inauguración o 6 de decembro -DIA DA CONSTITUCION


Novo concello - Tomate & Pocholadas

O alcalde de Ares debe aprender aínda un pouco mais de outros máis famosos. Ocorre que adiántanlle pola dereita e pola esquerda.
Porque aínda que xa ten boa base para ir a oposicións, e de feito xa ten casos de "famoseo" ben célebres, outros estanlle levando vantaxe.

Debe darse présa para entrar un pouco máis no "famoseo tomatero" dos Alcaldes patanes, linguateiros, chourizos, corruptos e prevaricadores.
Os exemplos son múltiples, abonda pensar en Marbella e ver a saga que deixou o "ostentóreo" Xesús Gil.


Pero non fai falta ir tan lonxe en Galicia temos casos a magallón e nas inmediacións fálase estes días de Cabanas e Ortigueira.


A cada Santo chégalle o seu día e a cada porco o seu San Martín.
Aos Santos tárdase en elevalos aos altares e os alcaldes teñen que facer tamén méritos e trapalladas para chegar ao abismo.

O de Ares, con todo o que se dí que leva feito, non hai forma de levalo ás tebras. E exultante anuncia aos medios que pronto inaugurará o Novo Concello, sobre o que pesa unha orden de paralización de obras.

Da obra di que se sente orgulloso. Igual que un Faraón de súas pirámides, o Caudillo do seu Val dos Caídos e Fraga supoño que da sua, aínda non se sabe, Cidade da Cultura do monte Gaiás.

Obras así fanse, sobre todo, por soberbia histórica, para pasmar e inmortalizar o fugaz.

Pero, mentres non chega ese día, tantas veces anunciado e prometido, xa pódese "gozar" do son hortera e machacón cada 15 minutos, do Reloxo Consistorial.

Non sabemos se tamén de noite, pero durante o día á parte das badaladas, en certos momentos soan varias melodías dixitalizadas: O himno nacional, o de Galicia, o Antigo Reino e incluso escoitamos, supoñemos que en probas: A Sálvea Mariñeira, e outras pezas máis.

Bótase de menos neste ano da Memoria histórica, que non se inclúa a versión enxebre do Himno de Riego.

Romayo de Chanteiro

1 comentario:

  1. Anónimo3:33 p. m.

    Neste último mes de Abril, o concello de Ares estivo a desenvolve-las probas selectivas para o ingreso na escala de auxiliar de biblioteca e oficina de información xuvenil. Concurriron 10 persoas a ditos exames, que en todo momento estiveron plagados de irregularidades, pero a meirande, foi o pronunciamento do alcalde ante veciños da comarca ó afirmar tan campante que "a praza xa estaba dada" para a rapaza que traballa dende fai dous anos na biblioteca. Ou isto é certo, ou moi lista é a muller para sacar 49 puntos dos 50 que correspondían no exame. Ningunha das aspirantes temos maneira de comprobar que ela tiña o exame de antemán, pero isto non significa que somos tan parvas como para crer que non estaba amañado, e para ignora-la confesión do sr.alcalde. Para que nos cobraron 23 euros de tasas?

    ResponderEliminar

Comentarios