Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

jueves, 8 de marzo de 2012

Ares - Os veciños de Chanteiro piden melloras para este lugar




A Asociación de Veciños de Chanteiro solicita á alcaldía de Ares que cumpla os compromisos e promesas que fai.
Dende setembro do ano pasado dende esta Asociación se veñen solicitando actuacións ó Concello de Ares tanto de asuntos que dependen directamente do propio Concello como doutras Administracións. En todas as ocasións só recibimos promesas e boas intencións e en moi poucos casos vemos que se faga algo, mesmo cando é o propio Alcalde quen fala.
Estes son algúns dos asuntos que se veñen solicitando unha e outra vez e que non reciben ningunha resposta nin actuación:
- Humanización e soterramento de contenedores na Praza de A Rega, que se ven prometendo xa dende o verán do ano pasado.
- A fonte do Outerio, cunha auga de gran calidade que veñen a buscar mesmo doutras zonas, está pendente dunha revisión por parte dun albañil do Concello debido a que a súa remodelación non se fixo en condicións, despois de que un verquido de combustible por parte da empresa que facía as obras de saneamento a
contaminase.
- Se solicitou que se redistribuísen os contenedores de lixo e que se reparasen os que estaban en peor estado. Xa hai nova concensión, e dende esta Asociación se enviou ó Concelleiro responsable un listado daqueles contenedores que se poderían redistribuír e reparar. E seguen a estar rotos e mal distribuidos.
- Desbroce de camiños e apertura de cunetas, dependentes do Concello. Pedimos que se trate a Chanteiro como se fai con Redes.
- Se ten solicitado información sobre o estado das obras dos depósitos de auga de Cervás. Ningunha resposta sobre unhas obras fundamentais para a distribución de auga a varias zonas de Ares. Igual que cando se solicita información sobre a remodelación da fachada marítima da praia de Chanteiro. Así como a
remodelación que se fará no camiño dende o Segaño ó castelo da Palma.
- Estado dos camiños, con rodaduras nas que os coches non poden pasar, zanxas que non se tapan, pegotes de formigón tirados de calqueira maneira. Todo consecuencia do intenso tráfico de vehículos e maquinaria pesada das obras da EDAR.
- En zonas como Monteiro, as reposicións fan que as aguas de chuvia fluían cara o interior das fincas e vivendas. ¿Se cumprirá a promesa do alcalde dun plan de remodelación completa dos camiños dependentes do Concello para este ano 2012?
- Tamén son outros os camiños que non foron repostos ó estado orixinal ou que as reposicións non son de boa calidade e se están a degradar moi rápido, como o camiño a Avarenta dende o Outeiro, ou en Porta do Río cara a O Curro.
- Tamén dende o Concello se prometeu remodelar as marquesinas e adecentar os arredores, onde xa apareceron ratas. Nada se ten feito.
- Se solicitou que se volvese a mirar a ubicación do novo transformador que dará servizo á EDAR e que parece ser permitirá que as casas da zona do Outeiro teñan un servizo máis constante de electricidade. Unhas obras que fixeron levantar outra vez a zona do camiño de Avarenta, sen que ninguén informase ós veciños de que se atoparían máis zanxas. Tampouco sabemos se se acepta estudiar outra ubicación,
pois se pretende poñer o transformador no mesmo aparcamento do Centro Cultural.
- Se pediu ó Concello que solicitase a Costas unhas barreiras de seguridade para colocar nun camiño onde hai derrumbes que estreitan a calzada. Esperamos que o Concello transmitise a Costas esa petición, mais non sabemos se Costas vai facer algo.
- E tampouco sabemos por que cando a Deputación arranxa (por dicir algo) os baches da estrada provincial, deixa sen tocar os que están en Chanteiro.
Dado que so temos boas palabras e case ningún feito, e antes de pasar a reclamacións máis contundentes, queremos esgotar todas as posibilidades. Así, temos entregado un escrito que o Concello asigne a unha persoa para que poidamos manter reunións periódicas para que se nos informe de forma directa e de primeira man sobre o estado dos asuntos que afecten a Chanteiro.
Se non hai cartos somos abondo intelixentes para saber que onde non hai non se pode sacar, mais si se prometen cousas, a nosa obriga e o noso compromiso cos veciños de Chanteiro é facer todo o posible para que quen fai esas promesas as cumpra.
Dende logo, a Asociación de Veciños de Chanteiro seguirá a transmitir as peticións e necesidades dos nosos veciños, e agardamos que o Concello cumpra o que promete. E se non é así, tamén é a nosa obriga facelo saber publicamente.

El PP de Ares también hace crítica de este Pleno

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios