CUSTOS DA ESTABILIDADE MUNICIPAL - ORZAMENTOS 2012
INQUISA |
Outro 26% considera que sería mellor que o PSOE gobernase en solitario, como na etapa anterior, e lograsen os acordos puntuais negociando cos outros grupos en cada momento.
Soamente un 8% ve ben o pacto co concelleiro do NAL.
Claro que as enquisas son o que son, e moito máis esta tan modesta e limitada en participación, e que non ten ningunha pretensión.
Pero o asunto nos dá pé para dicir algo sobre os comentarios que se escoitan por Ares acerca deste convenio de goberno encuberto, que se fai coa escusa de organizar e acelerar a preparación do Plan Xeral de Ordenación que xa leva unha Empresa Técnica.
Tanto os que ven mal este convenio, como os que poden consideralo conveniente, critican que isto leve aparellado un dispendio económico.
E efectivamente este custo existe, como se constata nos orzamentos 2012 recentemente aprobados.
Os concelleiros, como a maioría dos cargos políticos, está constatado que non se presentan para servir, se non máis ben para servirse do cargo e se pode ser lucrarse, aínda que non é precisamente este o caso.
Pero o dicimos por casos que saltan diariamente nos medios, cun vórtice depredador incrible de rapeña, que alarma á sociedade polo insolidaria e de detrimento da austeridade que logo predican nos seus púlpitos electorais.
"A nosa Sociedade", na que por outra banda todos somos un pouco culpables, pola individualidade e insolidaridade, á que a levamos, na que priva o ansia de poder, o egoísmo desmedido, a falta de apego e calor humana.
Volvendo ao "pacto local" co NAL, iso supuxo a creación do cargo de Delegado para o PXOU, cunha nova comisión para reunións e a creación dun novo posto de traballo como asesor dunha persoa que ía na lista electoral NAL e experto no tema urbano, porque xa fose tamén concelleiro de urbanismo do Partido Popular e está citado na recente "sentenza condenatoria" do ex-alcalde como colaborador nas fraudes do censo irregular.
Todo isto, dígase ou non se diga, é un malgasto de diñeiro. Pois a todos hai que pagar, cando xa o concello ten unha Comisión de Urbanismo con dedicación exclusiva, equipo de aparelladores técnicos e administrativos, sen apenas traballo e ademais o Plan realízao unha Empresa Técnica con subvención dá Xunta.
Pero é que ninguén dá algo a cambio de nada. E por ese apoio puntual concédense contraprestacions económicas en forma de asesorías e reunións de comisións polas que se abonan as asistencias igual que nas comisións de goberno e outras moitas que ás veces se fan con frecuencia innecesaria e de curta duración, para ter a escusa para cobrar por esas asistencias.
Uns tíranse os trastes á cabeza dos outros, dicindo que sobra persoal no Concello e que o Alcalde ten un persoal de confianza e asistencia persoal sobrada de "catro asesores e medio".
Pero ao final, todos acabarían facendo o mesmo, vai implícito no desprestixio que ten toda a clase política, que ¡non hai por onde collelos!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios