A estrada de Chanteiro - Nunca é tarde, se a dita é boa.
A estrada de Chanteiro,
pensando nela,
pensando nela.
É noite e hai silencio,
que longo é o camiño, que larga espera.
Á Estrada de Chanteiro pásalle o mesmo que ao AVE de Galicia.
Vén anunciando a súa reparación e acondicionamento desde fai xa máis de seis anos.
E curiosamente sempre coincide coa chegada dos períodos electorais.
Agora anúncianse as expropiacións, pero tardará cando menos outros dous anos para que se acometan as obras.
Pois exactamente como o AVE que se anuncia agora para o ano 2015.
O diciamos fai dous anos ......., é coma se fose tamén un "Plan de merda", como denominase o Plan Galicia a entón Ministra socialista “Maleni”.
A relación de expropiacións aparece no BOP 67 de 7 de Abril 2011, pero o proxecto da estrada non pode consultarse no concello de Ares, se non que hai que ir á Deputación.
O BNG de Ares solicitou ao Concello e á Deputación Provincial que trasladen o devandito Proxecto da Estrada DP-0402 Ares-Chanteiro ao Concello de Ares para comodidade dos veciños interesados.
"Precisamente sobre a execución do proxecto, desde o BNG de Ares queren denunciar a manobra de apropiación indebida que o Alcalde de Ares tenta facer deste proxecto, e que fica recollida nunha nota de prensa dá web municipal do pasado dia 8 pero que, curiosamente, figuraba xá o día anterior literalmente pendurada do blog persoal do Alcalde.
Todo un exemplo, máis unha vez, de manipulación entre o ámbito institucional e partidario....
Nesa nota de prensa ocultase intencionadamente que foi o actual Vicepresidente dá Deputación, o nacionalista Pablo Villamar, o que persoalmente asumira xá non ano 2008 perante a Comisión Veciñal de Chanteiro o compromiso de que se realizase o proxecto técnico dá obra e, sobor de todo, se incluíse dentro dos compromisos económicos dá Deputación, como así se fixo.
Pero o Alcalde de Ares tenta enganar novamente á cidadanía cando fala de que este proxecto responde ás demandas feitas desde a corporación desde a súa chegada á Alcaldía, cando a reclamación deste proxecto fixérase por primeira vez dun xeito oficial por parte do actual portavoz municipal do BNG, Manuel Rodríguez Doval, no ano 1999 e 2000 cando era tamén portavoz do BNG na Deputación da Coruña"
Cabe recordar que xa o pasado 11 de agosto 2008 houbo unha reunión da Comisión de Veciños de Chanteiro co vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, na que se pediu unha pronta actuación sobre a estrada Ares-Chanteiro.
Consideramos que todas as Corporacións Municipais, actual e anteriores fixeron o seu traballo para esta consecución tan necesaria.
¡Parabens para todos!
Amigo Romayo, te recomiendo este enlace: http://julindeares.blogspot.com/2007/10/nota-de-prensa-para-ma-sendas-peons.html
ResponderEliminarY, por supuesto, el mérito, sobre todo el de los éxitos, es de todos. Un fuerte abrazo. Julín.