Mentres non se limpen de merda - ¡ Vota tí, pois a min dáme risa !
Abel Caballero, Alcalde de Vigo do PSOE, emula a "Il Cavalieri" Berlusconi.
Abel Caballero é un "desertor" do Partido Comunista (hai moitos máis), que se meteu a socialista.
Fixo a súa campaña - agora volverá facer outra - , a base de "promesas incumpridas".
Bo como todo deus.
Despois malgastou diñeiro en multitude de maquetas de futuras obras que non prosperaron.
Invadiu Vigo de "maceteiras de chapa galvanizada" con esquinas punzantes que molestan a viandantes, ciclistas e discapacitados.
Fixo pór en todo o mobiliario urbano a lenda "Alcaldía de Vigo" grabado en laser, para a seu endiosamento egocéntrico. O Logotipo e da sua autoría e polo cal pasou unha factura ao Concello de 20.000 Euros. ¡Manda ovos!
Inaugura semáforos e pasos de peóns con música de pianos de cola, cuartetos e grupos musicais e de vento que tocan as súas cancións favoritas, mentres lle aplauden catro palmeiros da sua cuadrilla.
Métese en leas e non fai caso á crise.
Ten dous coches oficiais, catro choferes, gardacostas, asesores e fai "papadas" e viaxes de luxo con orzamentos millonarios engadidos ao seu soldo.
"Il cavalieri" Abel, non pensa nos que non poden chegar a fin de mes.
Reparte coxíns e almofadas coa lenda "Alcaldía de Vigo".
No canto de dar pan, fai circo e teatro.
Nomea concelleiros non electos "a dedo", que despois conceden licenzas de obras ilegais.
E nestes días chega á "paranoia" de pór nunha Auditorio inaugurado o día 26 de Marzo, con música tamén, xunto co Presidente da Xunta que colaborou no edificio, pero ao día seguinte pon unha Placa coma se inaugurásea él só.
Xente así, ¡Hai que botalos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios