Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

jueves, 18 de enero de 2007

Resaca nos medios ao Fratricidio dos Pupul_ARES

O Presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, dixo que si tivera potestade "mandaría al hermano del Alcalde de Ares al Vaticano". Es "un problema familiar que repercute en la política" e ironizó con la salida del ex alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez, al señalar que él no tiene potestad "para mandar al hermano del alcalde de Ares al Vaticano".

Gran resaca nos medios de comunicación ao "Fratricidio dos Pupul_ARES.
O máis suave que soa é: deslealdade, egoísmo, ambición de poder, traizón, fratricidio, caínismo, loita familiar, ......
Estes epítetos non se lanzan só ao "Nano Listo", se non tamén aos seus acompañantes na desfeita, que traizoan ao Nano_Alcalde. A quen antes todos aplaudían e gozaban das súas cafradas. Pero agora, cando a cousa ponse fea e albíscase a perda do poder, fan honor á súa militancia do PP e, do mesmo xeito que a gaivotas foxen do mar embravecido para refuxiarse nos basureiros.

Dos comentarios dous medios entresacamos o seguinte:O irmán xemelgo do alcalde se erixe no seu rival para as próximas municipais. Despois unirán os seus votos, porque todo pode ser unha xogada, non ai que esquecelo.
Din que aos irmáns xemelgos únelles un vínculo especial ao longo de toda a súa vida. No municipio coruñés de Ares, ao sur da ría de Ferrol, a ambición política desmente á ciencia. Dous irmáns xemelgos idénticos, aínda que cada vez mais diferenciados, disputaranse a Alcaldía da localidade nos próximos comicios municipais de maio de 2007.

Os protagonistas son Xosé Manuel e Luís Cendán Fernández, ambos afiliados e militantes do Partido Popular desde o seu fundación en 1977. A súa loita fratricida polo poder é o primeiro e único tema de conversación en Ares estes días. Xosé Manuel é máis calado. Luís é máis linguateiro, discutidor e con forte ton de voz que se altera sen control nas discusións.
Para diferencialos a xente chámalle a Luís o "Nano Listo", con certo rin-tin-tin pexorativo.

Manuel é o actual rexedor do municipio, onde goberna por maioría absoluta desde 1999. O seu irmán Luís, segundo de abordo no Goberno local e ata agora man dereita do alcalde, exerceu durante os últimos sete anos como primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Turismo, Policía Local, Protección Civil e Réxime Interno. Era o pretor instigador.

Os rumores xa se viñan escoitando desde fai algún tempo, con algún enfrontamento familiar no propio bar "Os Nanos".
Pero a lebre saltaba o pasado martes cando Luís Cendán e os outros catro edís rebeldes do PP en Ares -Anxo Vilar, María Xosé Fontenla, Flor Mariño e Camilo Molíns- anunciaban publicamente a súa intención de abandonar a formación de dereitas para fundar o seu propio partido político e concorrer baixo novas siglas ás eleccións municipais de 2007.

A marcha dos cinco edís do equipo de goberno de Ares deixa ao Alcalde completamente só á fronte do consistorio e a soas coa oposición, tres edís socialistas e dous do BNG, no medio dunha tormenta política como poucas e cos ingredientes necesarios para converterse nun culebrón.

E digna de saír neses programas lixo da TV., "Aquí hai Tomate" e similares. Talmente como os casos de Marbella.

Xosé Manuel e Luís Cendán Fernández afiliáronse xuntos ao PP en 1977, fai case 30 anos cando aínda era Alianza Popular. Casáronse con poucos meses de diferenza e ambos teñen dous fillos. Viven no mesmo edificio, xunto aos seus pais, nunha céntrica rúa de Ares encima do negocio
familiar, o bar "Os Nanos" na rúa dos Anxos, que agora rexenta Luís en solitario.
Xosé Manuel tivo un negocio de pinturas ata que os seus compromisos políticos requiriron toda a súa atención.

En poucos anos, acumulou cargos públicos: deputado provincial do PP, membro da Mancomunidade de Municipios da Ría e da entidade Costa Ártabra, que se financia con fondos europeos.
Mentres, o seu irmán xemelo Luís permanecía discretamente como cerebro na sombra, gozando tamén das prebendas municipais, sen asistir o seu posto de traballo estatal, mediante xustificantes do seu cargo. Ata que o pasado martes decidiu reclamar o seu anaco de pastel na política local.
Veciños do municipio aseguran que o enfrontamento entre os dous irmáns Cendán xa vén de lonxe, e recordan que en 1999, meses despois do seu desembarco no Concello de Ares, ambos pactaron repartirse a Alcaldía e o sillón de deputado provincial do PP, na Deputación Coruñesa.

Din que entón Xosé Manuel "xogoulla" ao seu irmán Luís e ocupou ambos cargos co beneplácito da executiva popular. As relacións entre ambos se tensaron aínda máis o pasado mes de setembro cando se barallaron os candidatos populares para as próximas municipais.

Fontes próximas aseguran que Luís estivo a piques de facerse co control da agrupación local do PP en Ares, pero que no seu camiño cara á alcaldía topouse coa "gran amizade" que Manuel Cendán mantén con Juan Juncal, presidente provincial do partido, e con Xosé Manuel Romay Beccaría, quen truncaron as súas expectativas políticas.
Oficialmente, Xosé Manuel Cendán aínda non foi designado candidato para optar ao seu terceiro mandato en Ares, pero extraoficialmente sábese que encabezará a lista popular por ese municipio. Xa deron conta disto os medios de comunicación. Ainda que o ten difícil sair.

Unha vez que os cinco edís anunciaron a súa marcha, o rexidor aresán acusou ao seu irmán de "egoísta" e de levar a cabo unha particular vinganza "porque nunca superou que eu sexa o alcalde".

Pola súa banda, Luís Cendán defendeu que "cinco concelleiros non poden estar equivocados".
"A xente di que o alcalde debo ser eu porque o meu irmán xa non é a persoa que poida garantir a maioría absoluta", engade Luís.

Para o seu reelección, Xosé Manuel Cendán ten en contra un rosario de acusacións e xuízos pendentes, entre os que figura a presunta manipulación do censo antes dunha cita electoral, oficiar unha voda civil sen expediente ou a inauguración, en decembro, do novo concello de Ares, situado en primeira liña de praia e sobre o que pesa desde xuño unha orde de paralización.

Dende a oposición municipal, Manuel Rodríguez Doval (BNG), asegura que ambos irmáns gobernaron conxuntamente, "aínda que Manuel é o que firma, e Luís, o que lle dá corda, pero non se pringa".
Doval comenta que, tras esta loita polo poder, os dous irmáns dispútanse o control do diñeiro "que xera a especulación urbanística no municipio" e asegura que nos xulgados están pendentes varias causas pola concesión de licenzas irregulares.

Na agrupación socialista de Ares consideran que os "grandes erros" na xestión municipal "foron compartidos polos dous irmáns" e esixen aos cinco edís que "clarifiquen a súa postura" dentro do Goberno local. Polo momento, o alcalde non decidiu se cesará aos cinco edís rebeldes, pero si está claro que conta co respaldo da dirección provincial do PP na Coruña. O seu presidente Juan Juncal, Alcalde de Ferrol, manifestou que o PP está "moi satisfeito" co traballo que Xosé Manuel Cendán está realizando á fronte do municipio e dá por seguro que volverá encabezar a lista do PP en maio.

Segundo fontes da dirección do PP na Coruña, probablemente nos próximos días iníciese un expediente de expulsión contra estes cinco edís rebeldes, tal como xa sucedeu no veciño Mugardos. Mais aquí ......

jueves, 11 de enero de 2007

TOMATADA DE CHISMORREOS POPUL_ARES, diante das vindeiras Municipais

NOTICIA BOMBA: CRISIS EN EL PP DE ARES - Dejan sólo al Alcalde al frente del gobierno municipal. Los otros 5 concejales abandonan el partido.


Ocorre isto cando querendo repartir a tarta, acábanse repartindo tortas e ademais de forma fratricida.
A historia, dende Caín e Abel está repleta de fratricidios.

Entre os que ostentan algo de poder, son frecuentes as conxuras, destronamentos, golpes de estado e movemento de sillóns.
No momento actual, a "desprestixiada clase política", non se libra destas manobras.
Empezando polos chanzos máis baixos, como poden ser os Concellos. ¡Que non ocorrerá nas alturas!
Diante da confección das listas para as municipais, os rumores vanse estendendo e alcanzando apoxeo, segundo chismorreo comentado.

É o caso de encabezar a lista dos alcaldables, que segundo parece, no caso do Partido Popular de Ares desexa recuncar, con todo o que lle chove, o actual alcalde Xosé Manuel Cendán, tal como refiren os medios.

Pero é aquí onde xorde a ambición, - que pode ser lóxica ou non - do seu irmán xemelgo Luís, o outro "Nano" que tamén aspira ascender a Alcalde.
Luís Cendán xa tocou poder bastante no seu cargo de Súper_concellal. Tivo ata veleidades golpistas, sendo desposuído dos seus cargos por unha orden decretada polo seu irmán o Alcalde, para que tivese "unha cura de humildade". Pasado un tempo, restituíronselle as atribucións que continúa ostentando.

Pero, a mosca debe continuarlle detrás da orella.
Os rumores apuntan que, fai algún tempo, houbo un grave enfrontamento familiar no seu bar "Os Nanos" , onde se cruzaron graves insultos, acusacións e ata ámagos de agresións.

Nun principio, cando non había tanto poder e emolumentos para repartir, entre eles dous, había un pacto ou acordo de irse alternando nos postos privilexiados das listas electorais. Así veu sucedendo nos períodos en que quedaban na oposición.

Pero cando se toca poderío, é cando aparecen as lías fratricidas e non hai pacto que aguante. Ocorre como cando toca repartir a herdanza dos pais. Se é unha miseria, todos irmanados, mais ..., cando hai capital de por medio, xorden as puñaladas trapeiras.

Ademais, en todo isto xoga o feito de que o actual Alcalde puidese verse a curto prazo inhabilitado polos casos que ten imputados e pendentes de resolución xudicial.

Pero sobre todo, por que no momento actual respírase aire fresco de progresismo e desenvolvemento dos dereitos por todas partes. Teñen todas as de perder a poltrona.

E coa que está caendo sobre a forma de levar a municipalidade local, a xente optará eiquí tamén por un cambio con talante, a pesares do forte caciquismo reminescente aferrado no núcleo da vila aresán, que debe ser sacudido.

Po-lo momento, ¡¡o tomate xa está servido!!, e dará para varios capítulos.

sábado, 6 de enero de 2007

Otros se alegran, por razones políticas, como cuando los incendios de Galicia


ETA
"Cobardes gudaris de mierda", que buscando el poder, tienen estómago para asesinar a inocentes de uno de los pueblos más pobres de la Tierra : Ecuador.
Aquellos, por los que luchó y murió un ejemplo de auténtico guerrillero revolucionario:
CHE GUEVARA, espejo en el que debieran mirarse estos pistoleros a sueldo, sin ideas y sin entrañas.





jueves, 21 de diciembre de 2006

O ALCALDE DE ARES POIDO INCORRER EN DESACATO - Xa lle soan as cornetas a Cendán


Como xa estaba vaticinado, empezan a soar as cornetas igual que ante os muros de Jericó, segundo a lenda bíblica.

O Deputado nacionalista Fernando Blanco levou ante o Parlamento Galego a situación do Novo concello de Ares, inaugurado malia que sobre o edificio pesa unha orde da Xunta de paralizar as obras por invadir zoas verdes.Contestou o Director Xeral de Urbanismo, Ramón Lueje, confirmando tal e como xa dixera a Xunta en máis ocasións que, efectivamente o Alcalde de Ares José Manuel Cendán "non deu resposta ao requirimento de parar as obras que lle fixo a Consellería".

Lueje tamén se referiu a que, froito desa situación, está interposto un recurso contencioso administrativo, que xa foi admitido a trámite no xulgado de Ferrol, e que "o alcalde puido incorrer nun delito de desacato" por no ter parado as obras.

O responsable de Urbanismo tamén indicou que é "incomprensible que un concello vulnere a súa propia normativa"

jueves, 7 de diciembre de 2006

"Os Nanos", considéranse victoriosos e triunfais.




Consistorium Inauguratio, Consumatum est.

O vecindario, indiferente, gozaba polos bares.
Só asistiron ná Inauguración do Novo Concello, a visitar o edificio, un centenar de incondicionais palmeiros, aos que o Alcalde arengou con o seu propio slogan: "Ares sigue adiante, malia os do talante".

Sobraron medallas, posto que a oposición non asistiu aos actos por consideralos ilegais.

martes, 21 de noviembre de 2006

GRANDES FASTOS E DILAPIDACIÓNS NA INAUGURACIÓN DA MAXESTÁTICA CASA DO CONCELLO DE ARES



Mágoa de que non fose ese edificio destinado ao novo Centro de Saúde.

Os Reis de España declinaron a invitación para a inauguración, polo que non hai prevista asistencia de Autoridades.


Cendán será o auténtico "Rei do Mambo" arroupado polos seus "palmeiros e palmeiras".

A BURRO MORTO, CEBADA O RABO
Cando Manuel Cendán deixe xa de ser Alcalde, poderá falar a XUSTICIA, según Política Territorial da Xunta. ¡Outra que ben baila!

"Operación Ciscada", para SALSA ROSA

¡Que lle tiren do rabo!

Dende Política Territorial informaron de que a consellería non ten competencias para prohibir a inauguración da nova casa pública malia o feito de tratarse dunha obra parada no seu día pola Xunta. Así, indicaron que «non se pode facer nada» para evitar que o día 6 se abran as portas do edificio e que, posteriormente, estea en funcionamento.

Sen embargo, a longo prazo si que pode haber novidades. E é que a Consellería informou de que ten interposto un recurso contencioso-administrativo contra o Concello de Ares por este asunto. Así, o dito por Política Territorial é que «a xustiza falará no seu momento, visto que o alcalde de Ares, José Manuel Cendán, fixo caso omiso á orde de paralización que emitiu da dirección xeral de Urbanismo». E, novamente, subliñouse que «é unha obra que afecta a zonas clasificadas no ordenamento como verdes».

O alcalde de Ares, José Manuel Cendán, rescatou os argumentos que xa expuxera cando a Consellería de Política Territorial lle ordenou paralizar as obras do edificio -unha orde que non acatou-. O rexedor dixo que «a obra non é ilegal e a competencia das licenzas de obras é municipal e non autonómica. En todo caso, se a consellería non está de acordo cunha licenza outorgada legalmente pode ir, como calquera veciño, ante a Sala do Contencioso Administrativo».
Reiterou tamén Cendán que «o edificio cumpre a normativa urbanística» e que «é lamentable que unha licenza do ano 2002, aprobada polo Concello, co cambio da Xunta, se queira revisar no 2006 véndose así un claro revanchismo político». O munícipe tamén reclamou que «esta obra tiña unha subvención de 92 millóns das antigas pesetas concedidas pola anterior Xunta que o novo Goberno lle retirou».
Pero dende o goberno local aresán non só se arremeteu contra Política Territorial senón tamén contra a oposición, formada por BNG e PSOE. O alcalde, diante do anuncio da non asistencia dos grupos á inauguración do consistorio, dixo que «oxalá que, xa que non veñen o primeiro día, nunca máis o fagan e deixen tranquilos ao pobo».

A OPOSICION NON ESTARÁ NA INAUGURACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA da ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE ARES, sobor desta Nova
“”Provocación á cidadanía, dilapidación dos fondos públicos con fins partidistas e delirios de grandeza, e desafío ao estado de dereito.
Esta é a consideración que merece o anuncio feito desde a Alcaldía de Ares a respecto dos “actos” convocados para o vindeiro día 6 de Decembro – Día da Constitución – no que ten previsto inaugurar as instalacións da nova casa do concello de Ares.Deixando de lado o feito de que nos teñamos enteado desta “programación” polos medios de comunicación, desde o BNG queremos subliñar os antecedentes deste asunto:

· O proxecto de obra non foi aprobado polo Pleno do Concello.
· O proxecto de execución non saíu a licitación, levándose a cabo por administración; ou ben adxudicando unidades de obra a particulares e empresas.
· O proxecto de execución non contou coas correspondentes normas de seguridade laboral.


· O proxecto foi paralizado no pasado mes de Xuño pola Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta, debido a que parte das instalacións están construídas sobre un espacio catalogado como zona verde no PXOM.


· A orde de paralización non foi acatada desde a Alcaldía, nin tampouco se fixo expediente algún para a posíbel legalización das obras.


· A Xunta de Goberno adxudicou a unha empresa suministros de mobiliario para as instalacións por valor superior aos 316.000 euros, prescindindo do procedemento de subhasta ao que obriga a lei, e a pesar do informe negativo do Secretario Xeral do Concello ao devandito procedemento.

Calquera pode ver, á luz dos dados anteditos, que estamos diante dun proceso inzado de ilegalidades aos que agora preténdeselle poñer a “guinda” cun acto provocador que constitúe un verdadeiro atentado á intelixencia.

Ademais, hai que subliñar aquí o feito de que estes actos vaian celebrarse precisamente o Día da Constitución, situación que resulta verdadeiramente patética, por canto todas as actuacións levadas a cabo desde o grupo municipal de goberno para a execución destas obras son a antítese dos valores constitucionais: respecto da legalidade, transparencia na actuación dos poderes públicos, etc.…

Entendemos que os delirios de grandeza e suntuosidade que desborda o “programa de actos” previsto para o día 6 resulta claramente ofensivo para o conxunto de administrados e administradas que teñen que asistir a un espectáculo noxento no que, mentres que se derrochan os fundos nesta campaña de verdadeiro descrédito para a institución municipal, os servizos e necesidades básicas están desatendidos.

Mención especial merece, baixo o noso punto de vista, a ofensa que representa toda esta actuación prevista desde o goberno municipal para o movemento asociativo existente no noso concello, que para todas as actividades que ten que desenvolver no presente ano non vai recibir nin o 10% do que vai gastar o grupo de goberno nun só día. Sen esquecer, por suposto, que a organización do “espectáculo” vaise facer nas instalacións do polideportivo municipal que foi remozado recentemente – concretamente, coa dotación de solo de parqué – cunha subvención da deputación superior aos 500.000 euros.

O BNG quere mostrar dun xeito especial a súa preocupación pola pasividade demostrada desde a Dirección Xeral de Urbanismo perante o incumprimento do concello no tocante á paralización das obras e necesario respecto á legalidade urbanística; toda vez que desde o pasado mes de Xuño a nosa organización remitiu á Xunta tres escritos nos que se daba conta do desacato do grupo de goberno aos requirimentos feito desde a Xunta, sen que ata esta data teñamos recibido contestación algunha nin tampouco se teña producido requirimento algún da Dirección Xeral de Urbanismo sobre o particular.

En consecuencia e, vista a gravidade dos feitos que estamos a comentar, desde o BNG imos a pór en marcha as seguintes iniciativas:

1. Requirir da Dirección Xeral de Urbanismo que, antes do vindeiro 6 de Decembro, demande do Concello de Ares o cumprimento da paralización das obras da nova casa do concello decretada o pasado mes de Xuño e, consecuentemente, esixir as responsabilidades a que houbese lugar polo incumprimento da mesma.

2. Advertir que, caso de que non se producise esta actuación da Xunta, desde o BNG tramitaremos perante a fiscalía todos os antecedentes e irregularidades que rodean a execución destas obras; por se os mesmos fosen constitutivos de delicto.

3. Levar a cabo unha campaña informativa para que o conxunto da cidadanía coñeza a situación irregular na que se executaron as obras e as consecuencias económicas que se derivan do derréoche de fundos públicos para as arcas municipais.

4. Anunciar, como non podía ser doutro xeito, que os concelleiros do BNG non asistirán aos actos do vindeiro día 6; por non se converter en cómplices dunha situación que revela unha concepción partidista, antidemocrática e carente da mínima transparencia das institucións.””


Romayo de Chanteiro