NOVA PÁXINA WEB DO "CENTRO CULTURAL OUTEIRO" DE CHANTEIRO
Desde fai xa algún tempo o "Centro Cultural Outeiro" conta cunha magnífica páxina Web. Débese ao altruísmo desinteresado do veciño, socio e agora tamén directivo Ale Drago, director de "COMUNICA Online", que adaptou a súa páxina persoal Chanteiro.Org, para servizo do "C.C. Outeiro de Chanteiro".
A páxina web, ademais de varios apartados de Noticias, Actividades, Fotoblog e Servizos, conta así mesmo cun Foro participativo para expresar libremente as opinións e suxestións que desexen os usuarios.
Ofrece tamén a facultade de abrir un servizo e-mail de correo co servidor chanteiro.org.
Con esta Web, o Outeiro cumpre outro fito máis neste ano 2009, acabado en 9 como tamén o foron 1969, cando se tomou a decisión pola veciñanza de fundar esta Asociación e 1979, cando se inaugurou o edificio social.
A Voz de Chanteiro e Romayo como antigo Socio Fundador e membro directivo durante 20 anos -- 10 na Comisión Organizadora e outros 10 xa funcionando o Local Social --, quere recoñecer o enorme esforzo que se vén facendo para que esta Sociedade funcione, a pesar das moitas vicisitudes e dificultades atravesadas.
Grazas pois aos directivos e o Presidente case vitalicio Juan José Rodriguez Pérez, o anterior presidente o seu irmán Gerardo e ao Primeiro Presidente Fundador Juan Manuel Doval Grela, que xunto con outros directivos estivo á fronte tamén os 20 anos primeiros de constitución e posta en marcha.
O facho recollérono ademais outros socios actuais e mozos colaboradores que seguen coa testemuña.
Tamén se debe facer recoñecemento ao Concello de Ares e ao actual Alcalde Julio Iglesias, que contribúe e apoia as iniciativas para mellorar servizos e instalacións, así como as actividades que se poden ver na páxina obxecto desta entrada.
Grazas Ale Drago, por rememoralo.
ResponderEliminar"A Voz de Chanteiro" móvil
Con Wi-Fi e iPad (ARES).