Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

miércoles, 21 de noviembre de 2007

O BNG coa xente, en Campaña Informativa



Traballando, coa xente
A vontade das veciñas e veciños de Ares quedou reflexada nas últimas eleccións municipais celebradas o pasado 27 de Maio, deixando sen maioría absoluta a ningunha forza política; e quedando aberta a posibilidade de acordos entre as diversas forzas para acadar un acordo programático para un goberno estábel durante os vindeiros catro anos. Desde o BNG actuamos conforme a ese mandato, facilitando a Alcaldía ao PSOE e impedindo a continuidade dun goberno do PP, que tan nefastas consecuencias tivo para o conxunto da cidadanía.
.
Quedaba, pois, que fose o PSOE o que demostrara a súa xenerosidade á hora de conformar un acordo de goberno - que na práctica tiñamos elaborado - pero que finalmente non chegou a concretarse pola negativa dese partido a ceder ao BNG as dúas áreas de goberno que reclamabamos. Negativa que, como os feitos agora están a demostrar, revela que o PSOE tiña desde o comezo unha clara idea de facer un goberno excluíndo ao BNG; como proba o feito de que o organigrama de goberno — que confirma cinco áreas de goberno, contra das sete propostas polo BNG - fose aprobado cos votos do PSOE, PP e NAL.
.
Nese escenario, a posición do BNG é clara: actuar conforme ao mandato da cidadanía e concretar as propostas que constitúen o noso programa electoral a través de iniciativas nos órganos da corporación, nomeadamente no Pleno. De feito, a día de hoxe o Pleno ten aprobado a elaboración dunha auditoría sobre as contas municipais dos últimos anos e a elaboración dunha Relación de Postos de Traballo que permita normalizar a política laboral do concello mercede a dúas propostas feitas polo BNG. Tamén como resultado dunha proposta inicial do BNG, o pleno acordou a integración no Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar, que permitirá achegar dúas infraestruturas básicas ao noso concello: a Galescola e o Centro de Día.
.
As iniciativas levadas a cabo no Parlamento Galego a respecto do saneamento de Chanteiro, as xestións co Vicepresidente da Deputación — o nacionalista Pablo Villamar — para que se comece a elaborar o proxecto de ampliación e seguridade vial na estrada Ares Cervas-Chanteiro ou as propostas perante o Goberno do Estado e da Xunta — comprometida xa na elaboración do Plan Director — para definir o futuro do Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro; son evidencia do compromiso do BNG cos problemas da xente. Como tamén o é proposta do BNG para a renovación da deteriorada rede de saneamento do casco urbano de Ares que, con toda seguridade, aprobará o vindeiro Pleno.
.
Mención aparte merece a concreción de dúas propostas de rehabilitación de vivendas:
a posta en marcha dun PEPRI (Plan Especial de Protección e Rehabilitación Interior) para o casco de Redes e dun ARI (Area de Rehabilitación Integral ) para o de Ares; dirixidas a poñen en valor o parque de vivendas singulares existente e poñelas no mercado para fixar poboación. No mesmo ámbito do urbanismo, tamén o BNG ten trasladado ao resto dos grupos políticos os criterios básicos para a redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.
.
En definitiva, desde o BNG estamos a traballar para a xente, pero tamén queremos estar máis preto da xente. Por iso, para informarvos destas e doutras iniciativas, desde o BNG de Ares queremos convidarvos a participar activamente nas reunións que ternos organizadas polas diversas parroquias; nos días, lugares e horas que figuran neste tríptico.

Asemblea Local do BNG de Ares ------------------------------- Novembro de 2007


==============


Comeza o BNG de Ares a súa laboura municipal de face a poboación, unha vez descartada xa a participación nas áreas de goberno, dás que quedaron illados polo goberno excluinte do PSdG.
Faltou a largueza diante do interese partidista, despois de facilitarlles a consecución dá Alcaldía.
.
Nela houbo o cambio do responsable e portavoz local que dirixe o comité e para o que foi nomeado Gustavo Pita Carballeira, aresán de 33 anos de idade.
.
Isto podería traer aires novos o BNG de Ares, do que está bastante necesitado.
Dicimos isto, porque houbo pouca renovación nos últimos tempos na xente que leva as rendas. O mesmo candidato a Alcaldía leva xa 25 anos de protaxonismo, e perdendo as eleccións e mesmo votos.
E coa rémora de que xa foi alcalde por accidente.
A Manolo Doval se lle recoñece a súa valía, pero parecería convinde que fora entrando xente nova e él quedase para labores de asesoría, para o que ten demostrada a boa capacidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios