A "PARROQUIA" DE CHANTEIRO - UN ERRO CORRENTE
Chanteiro, ao estar de actualidade noticiable, sae con frecuencia nos medios como parroquia. Os medios cometen moitos erros, pola prema da súa realización. Pero é que o erro cométeno tamén
autoridades e políticos e isto xa non é perdoable.
Chanteiro é unha entidade poboacional que abarca varios lugares ou rueiros da parroquia de S. Pedro de Cervás.
autoridades e políticos e isto xa non é perdoable.
Chanteiro é unha entidade poboacional que abarca varios lugares ou rueiros da parroquia de S. Pedro de Cervás.
(Cancelas, As - Campelo - Cucheiro, O - Curro, O - Cal, A Fonte do - Monteiro - Outeiro - Pedrachá - Penas, As - Penedo, O - Pomouro, O - Porta do Río, A - Redondo, O - Rega, A - Vigo - Xurxo)
Chanteiro non é parroquia nin falta que lle fai. Actualmente pertence eclesiasticamente á parroquia de Cervás.
Pero isto non foi sempre así. Nos albores da historia deste núcleo poboacional de "Chanteiro,onde o Atlántico goza", a ermida non pertencía á parroquia de Cervás, se non que do culto e atención da capela mariana encargábanse monxes franciscanos do Convento de Santa Catarina de Montefaro.
O atribuír medios e autoridades a categoría de parroquia a Chanteiro, enfada a algúns veciños de Cervás, que pensan que isto faise con intencionalidade e para dar un empaque a Chanteiro, que non necesita.

Este comentario xorde de cando en vez. E mesmo ao que subscribe acusóuselle de darlle ese tratamento cando facía certo labor informativo e no xornal aparecía ás veces, como agora por erro, a parroquia de Chanteiro.
Cometería outros erros, pero a miña orgullosa procedencia nativa chanteiresa é irrenunciable sen ter que elevar a categoría do lugar.
Acusacións chegáronme a este respecto, nada menos que do que fose anterior párroco de Cervás (q.e.p.d.), que me dedicou unha páxina completa na Folla Parroquial de Bezoucos, por mor dunha información sobre o "Voto de Chanteiro" do ano 1984.
Dicir para rematar, que os temas relixiosos os obvio completamente. Son agnóstico e apóstata ao renunciar do bautismo que me impuxeron na pía parroquial de Cervás.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios