Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

sábado, 3 de noviembre de 2012

AOS 25 ANOS DO PASAMENTO DO POETA PEREZ PARALLÉ - UN RECORDO


Quero desde "A Voz de Chanteiro", abdicarlle unhas verbas moi agarimosas ao poeta Xosé María Pérez Parallé agora que se cumpren vintecinco anos do seu pasamento, xa que morreu en Novembro do 1987.

Naceu en Ferrol, no barrio de Canido, o 4 de agosto de 1909. Cursou a carreira de Maxisterio e comezou
as de Filosofía e Letras, e Dereito en Compostela, onde colabora en diversos periódicos desta cidade e cofunda a revista "Abrente". Participa dá labor xornalístico de "Renovación" e nas actividades do "Centro Obreiro de Cultura de Ferrol".

Abdícase ó ensino en Ferrol e desenvolve unha gran actividade cultural, xa sexa como conferenciante sobre temas galegos, pregoeiro, mantedor en certames, fornecedor de letras para as rondallas ferrolás (Noite dás Pepitas) ou, sobre todo como poeta e autor teatral.
"Iste que ollades na fotografía,
de boina i-o lazo negro pendurado,
é, Pérez Parallé, Xosé María,
o fillo de Camilo e de María
e de Canido no Ferrol, onde foi nado.

E poeta-segrel que canta a Terra,
a ista santa Galicia asoballada;
por éla sofre, loita e berra,
denda veira da mar a ergueita serra;
no rueiro, na vila; no pobo, n-alborada.

Un poeta-segrel de luas e de estrelas;
enchido o peito de quentes irmandades;
un tolo, toleirán de ventoselas;
irmán das albres, dos ríos, das fontelas;
dos paxaros irmán nas longas soedades.

Iste que ollades na fotografía,
fixo na sua mocedade un arrenego
ao pé dun cruceiro certo día:
"que señorito endexamáis sería,
pois tería de ser: SEMPRE GALEGO".
Tamén traballou como docente na escola de aprendices de ASTANO.


A súa obra escrita non foi moi ampla.
Poesía
1961: Mariñás
1977: Non falarei, non
1983: Cartafol dá saudade
1985: Dorna romeira
1990: Chanteiro
Teatro
1977: O rodicio
1982: A sabela
1983: Doendelas de Nadal
1986: Parladoiro

Sempre sentín certa admiración po-la persoa de Xosemaría, tanto po-la súa obra como po-lo que representaba na época dura dá tremenda ditadura, dá que sufrira tamén os lategazos.

A ocasión presentóuseme nunha actuación que fixeran "O Segreles", grupo no que tamén cantaba, no Casino de Ares.
Tivemos unha boa amizade, que compartimos moitas veces,a maioría nos Círculos de Fene e Perlío, onde facía de animador cultural. E na súa casa de Barallobre chateamos algunhas cuncas de augardente.
E tamén dás queimadas que esconxuraba en Fene, a onde unha data lle levamos xa cocidos un saco de Ourizos que lle brindou o artesán chanteirés "Lolo do Outeiro", que expoñía seus artellos de madeira con motivo do día dás Letras Galegas, que o Círculo de Fene foi o primeiro en Celebrar en memoria de Rosalía de Castro.

Foi tamén él o que nos deu a idea para poñerlle o nome o Centro Cultural de Chanteiro.
Nos dixo que sería bo darlle o nome do lugar onde se encontra, que neste caso e Outeiro.
Participou no acto dá inauguración o primeiro de decembro do 1979, e veu varias veces mais nas celebracións dos primeiros aniversarios, como animador dás xornadas festeiras que se facían para conmemorar esas datas.

Para ou segundo aniversario se lle fixo unha homaxen, e él preparou un "Poemario Sinxelo" que titulou "Chanteiro" composto con poesías e versos relativos a toponimia dos lugares de Chanteiro que me encargou que lle facilitase. Cousa que fixemos con moito agarimo.
Como xentileza este Poemario iniciouno cuns versos meus chamado "Recordos", que dicían:

"Camiñarán os anos,
Virarán os rumbos;
outros
ventos
virán;
pero os meus recordos,
eses nunca pasarán"

Outras estrofas dá miña autoría eran "O que busco":

Quero atopar o que busco
mais non sei se o acharei,
pois aínda que quero encontralo;
o que busco, non o sei.

Xa falecido o noso amigo Xosemaría, o Centro Cultural "Outeiro" de Chanteiro pideulle permiso a súa familia para editar estes poemas nun libriño chamado "CHANTEIRO, Poemario Sinxelo", con deseño de Lois Rodríguez, producido por AGA PRODUCCIONS e imprimido por VENUS artes gráficas, s.a. no ano 1990.

No acto do homaxen, pronunciou o seguinte AGRADACEMENTO:
A vos, Xunta Directiva, dá Sociedade "OUTEIRO", ese centro cultural a quén teño en bo aprecio e gardo tantos recordos de Amigos e compañeiros.
Grazas polas vosas verbas que penso non as merezo, pro cando veñen de vos as acobillo no peito porque trán a quenturía de vós i-a mar de Chanteiro que o Segaño i-a Coitelada acariñan garrulleiros.
Mar de Chanteiro meiguiza, dous meus enamoramentos: deste segrel dá mariña que quixo ser mariñeiro e corre-o sete mares na barca do pensamento!
Grazas, Xunta Direitiva, e socios do meu "OUTEIRO", na data do meu homaxen o saúdo dun galego que loita por unha Matria cô a sangue dos seus versos por non ve-la asoballada por caciques i estranxeiros.
A nosa Galicia, é nosa, i hai que tentares-ô peito pra pôr as pegadas nela, pois onde están os galegos teñen de ser irmandiños e ter os brazos abertos, coma tiveron, pra min os da Sociedade "OUTEIRO".

O libriño ten unha decena de poemas nos que resalta o "Romance Toponímico de Chanteiro":
"Quero falar de Chanteiro,
nunha xeitura sinxela
relembrando a toponimia
dos nomes que eisisten n-ela:
nomes que me foron ditos
por un rapás d-ista terra,
que nado foi en Chanteiro
que no curazón a leva."

E logo continúa o romance ensartando os nomes de parte dos lugares que a rica toponimia chanteiresa ofrece e que tanto entusiasmaron o Poeta Azul, cando llos fun entregar no seu "Casal de Sandulfe" no lugar do Penedo no Barallobre de Fene.
Foi cando me abdicou unha APERTA, que non podo esquecer:

"De Barallobre a Chanteiro
po-los calexos do azar
prô Roberto, compañeiro
un poeta
mariñeiro
vencera rexo cantar:
"Nosa Señora dá mar
dá-nos forzas pra loitar
ô teu pobo mariñeiro
encontra
do mundo
enteiro
que nos queren afogar"
-
E recordo agora tamén o que me poñía nunha Tarxeta desexándome Boas Nadalías e Aninovo, alá po-los comenzos dos oitenta do século pasado:
-
Na barca da Libertade
Vou po-lo mar de Chanteiro.
O sol da Fraternidade
fai bogada de irmandade
no meu loitar mariñeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios