Retrásase o acordo Bipartito de Ares
Non coñecemos aínda a composición e organigrama do novo Concello de Ares. Lévano con sixilo, gran atraso ou hai dificultades xurdidas no pacto, xa firmado nas alturas.
Poida que débase a que aínda non se logrou o acordo PSdG-BNG local para a formación de comisións, grupos e en definitiva a repartición de poderes, competencias exclusivas e soldos. Pode tamén que xurdisen inconvenientes. O asunto pode ter a súa complexidade, a pesar de que parecía existir boa sintonía e vontade.
O malo é se nestas reparticións prima máis o rendemento electoral que poidan obter e a visualización exterior de quen fai a mellor xestión ou cumpre o seu programa. Antes que o bo funcionamento do Concello e a satisfacción das necesidades veciñais que sería o desexable e ao que debesen aplicarse.
Os nacionalistas, como parte máis débil, tratarán de subir as súas pretensións reclamando ademais de exclusivo Tenente Alcalde (case Vicealcalde), tamén a súa parcela de poder, sobre todo nas áreas de goberno máis próximas ás competencias que teñen na Xunta: Igualdade, Benestar e Promoción Económica e Innovación.
A parte máis poderosa, o PSdG, intentará reducir tanto a cesión de poderes como as competencias e demostrar que hai un só poder. Por encima de que os bloqueiros gobernen áreas concretas como socios do bipartito municipal, con areas diferenciadas, sen que iso divida o Concello en dous.
Cada un deberá ostentar a súa cota de poder, pero ninguén se debe converter no "Can do Hortelán":
Nin comer, nin deixar comer.
É bo recordar aquí unha dás cousas que máis lle chamou a atención a "Regino do Foro de Caamouco" cando relatou o mitin dá Agrupación Instrutiva.
Foron unhas frases de Vilasánchez, concellal socialista actual e tamén ex-alcalde, nas que recoñece que se fan mellor as cousas cando non tense maioría absoluta, situación que conta por experiencia propia, e na que resalta que se pon mais coidado cando hai que defender as cousas co control dun socio, situación distinta ó control máis fero dunha oposición. Nese senso recoñece que, cada un co seu estilo, se
puideron facer boas cousas en cooperación con Doval e o BNG.
Hai que recoñecer tamén que, a experiencia é un grao.
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Pregunta:
A Voz de Chanteiro.- Para gobernar o Concello, ¿consideras mellor unha maioría absoluta dun partido ou sería mellor un pacto entre varios, con estabilidade pero vixiante aos desmans? ¿Podería haber unha quenda de Alcaldes por tempadas de cada lista integrante?
Resposta:
Julio Iglesias.-Eu so pido unha maioría suficiente. Tratándose dun pacto de goberno, dentro do mesmo penso que o Alcalde ten que ser o de o coaligado maioritario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios