Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

lunes, 28 de mayo de 2007

Posible alcalde do Bipartito en Ares


"A Voz de Chanteiro" fai unhas datas, xa mostraba un bo olfacto cando auguraba o que podería ser o recambio e substitución necesaria no Concello.
Noraboa e parabéns a veciñanza de Ares, que fixo un bo esforzo para impoñerse, aínda que sexa con pequeno marxe, a unha maioría caciquil de fondo arraigamento na vila dende tempos atrás.
E con moitas reminiscencias feudais, que se viron incrementadas co poder franquista. Dicimos na vila, porque nas parroquias de Cervás e Caamouco xa respírase doutro xeito e aí están os resultados dás furnas para demostralo.

As novas incorporacións de xente que fixo aumentar o censo, tampouco quizais traian aires aperturistas, porque tratase mais ben de clases privilexiadas (compran pisos de moitos quilos), a quen os rexedores caciques outorgan prebendas e facilidades con tal de conseguir eses votos para a súa causa.

Por iso é máis importante este trunfo dás listas progresistas PSdG-PSOE e BNG que están condenadas a entenderse, polo ben do pobo.

Experiencia xa teñen de etapas anteriores, do funcionamento doutros concellos e da propia Xunta de Galicia.
¡Pois adiante!. ¡¡Non nos defraudedes!!
** Ide pensando, para facer máis **

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios