Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

martes, 21 de noviembre de 2006

GRANDES FASTOS E DILAPIDACIÓNS NA INAUGURACIÓN DA MAXESTÁTICA CASA DO CONCELLO DE ARES



Mágoa de que non fose ese edificio destinado ao novo Centro de Saúde.

Os Reis de España declinaron a invitación para a inauguración, polo que non hai prevista asistencia de Autoridades.


Cendán será o auténtico "Rei do Mambo" arroupado polos seus "palmeiros e palmeiras".

A BURRO MORTO, CEBADA O RABO
Cando Manuel Cendán deixe xa de ser Alcalde, poderá falar a XUSTICIA, según Política Territorial da Xunta. ¡Outra que ben baila!

"Operación Ciscada", para SALSA ROSA

¡Que lle tiren do rabo!

Dende Política Territorial informaron de que a consellería non ten competencias para prohibir a inauguración da nova casa pública malia o feito de tratarse dunha obra parada no seu día pola Xunta. Así, indicaron que «non se pode facer nada» para evitar que o día 6 se abran as portas do edificio e que, posteriormente, estea en funcionamento.

Sen embargo, a longo prazo si que pode haber novidades. E é que a Consellería informou de que ten interposto un recurso contencioso-administrativo contra o Concello de Ares por este asunto. Así, o dito por Política Territorial é que «a xustiza falará no seu momento, visto que o alcalde de Ares, José Manuel Cendán, fixo caso omiso á orde de paralización que emitiu da dirección xeral de Urbanismo». E, novamente, subliñouse que «é unha obra que afecta a zonas clasificadas no ordenamento como verdes».

O alcalde de Ares, José Manuel Cendán, rescatou os argumentos que xa expuxera cando a Consellería de Política Territorial lle ordenou paralizar as obras do edificio -unha orde que non acatou-. O rexedor dixo que «a obra non é ilegal e a competencia das licenzas de obras é municipal e non autonómica. En todo caso, se a consellería non está de acordo cunha licenza outorgada legalmente pode ir, como calquera veciño, ante a Sala do Contencioso Administrativo».
Reiterou tamén Cendán que «o edificio cumpre a normativa urbanística» e que «é lamentable que unha licenza do ano 2002, aprobada polo Concello, co cambio da Xunta, se queira revisar no 2006 véndose así un claro revanchismo político». O munícipe tamén reclamou que «esta obra tiña unha subvención de 92 millóns das antigas pesetas concedidas pola anterior Xunta que o novo Goberno lle retirou».
Pero dende o goberno local aresán non só se arremeteu contra Política Territorial senón tamén contra a oposición, formada por BNG e PSOE. O alcalde, diante do anuncio da non asistencia dos grupos á inauguración do consistorio, dixo que «oxalá que, xa que non veñen o primeiro día, nunca máis o fagan e deixen tranquilos ao pobo».

A OPOSICION NON ESTARÁ NA INAUGURACIÓN

COMUNICADO DE PRENSA da ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE ARES, sobor desta Nova
“”Provocación á cidadanía, dilapidación dos fondos públicos con fins partidistas e delirios de grandeza, e desafío ao estado de dereito.
Esta é a consideración que merece o anuncio feito desde a Alcaldía de Ares a respecto dos “actos” convocados para o vindeiro día 6 de Decembro – Día da Constitución – no que ten previsto inaugurar as instalacións da nova casa do concello de Ares.Deixando de lado o feito de que nos teñamos enteado desta “programación” polos medios de comunicación, desde o BNG queremos subliñar os antecedentes deste asunto:

· O proxecto de obra non foi aprobado polo Pleno do Concello.
· O proxecto de execución non saíu a licitación, levándose a cabo por administración; ou ben adxudicando unidades de obra a particulares e empresas.
· O proxecto de execución non contou coas correspondentes normas de seguridade laboral.


· O proxecto foi paralizado no pasado mes de Xuño pola Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta, debido a que parte das instalacións están construídas sobre un espacio catalogado como zona verde no PXOM.


· A orde de paralización non foi acatada desde a Alcaldía, nin tampouco se fixo expediente algún para a posíbel legalización das obras.


· A Xunta de Goberno adxudicou a unha empresa suministros de mobiliario para as instalacións por valor superior aos 316.000 euros, prescindindo do procedemento de subhasta ao que obriga a lei, e a pesar do informe negativo do Secretario Xeral do Concello ao devandito procedemento.

Calquera pode ver, á luz dos dados anteditos, que estamos diante dun proceso inzado de ilegalidades aos que agora preténdeselle poñer a “guinda” cun acto provocador que constitúe un verdadeiro atentado á intelixencia.

Ademais, hai que subliñar aquí o feito de que estes actos vaian celebrarse precisamente o Día da Constitución, situación que resulta verdadeiramente patética, por canto todas as actuacións levadas a cabo desde o grupo municipal de goberno para a execución destas obras son a antítese dos valores constitucionais: respecto da legalidade, transparencia na actuación dos poderes públicos, etc.…

Entendemos que os delirios de grandeza e suntuosidade que desborda o “programa de actos” previsto para o día 6 resulta claramente ofensivo para o conxunto de administrados e administradas que teñen que asistir a un espectáculo noxento no que, mentres que se derrochan os fundos nesta campaña de verdadeiro descrédito para a institución municipal, os servizos e necesidades básicas están desatendidos.

Mención especial merece, baixo o noso punto de vista, a ofensa que representa toda esta actuación prevista desde o goberno municipal para o movemento asociativo existente no noso concello, que para todas as actividades que ten que desenvolver no presente ano non vai recibir nin o 10% do que vai gastar o grupo de goberno nun só día. Sen esquecer, por suposto, que a organización do “espectáculo” vaise facer nas instalacións do polideportivo municipal que foi remozado recentemente – concretamente, coa dotación de solo de parqué – cunha subvención da deputación superior aos 500.000 euros.

O BNG quere mostrar dun xeito especial a súa preocupación pola pasividade demostrada desde a Dirección Xeral de Urbanismo perante o incumprimento do concello no tocante á paralización das obras e necesario respecto á legalidade urbanística; toda vez que desde o pasado mes de Xuño a nosa organización remitiu á Xunta tres escritos nos que se daba conta do desacato do grupo de goberno aos requirimentos feito desde a Xunta, sen que ata esta data teñamos recibido contestación algunha nin tampouco se teña producido requirimento algún da Dirección Xeral de Urbanismo sobre o particular.

En consecuencia e, vista a gravidade dos feitos que estamos a comentar, desde o BNG imos a pór en marcha as seguintes iniciativas:

1. Requirir da Dirección Xeral de Urbanismo que, antes do vindeiro 6 de Decembro, demande do Concello de Ares o cumprimento da paralización das obras da nova casa do concello decretada o pasado mes de Xuño e, consecuentemente, esixir as responsabilidades a que houbese lugar polo incumprimento da mesma.

2. Advertir que, caso de que non se producise esta actuación da Xunta, desde o BNG tramitaremos perante a fiscalía todos os antecedentes e irregularidades que rodean a execución destas obras; por se os mesmos fosen constitutivos de delicto.

3. Levar a cabo unha campaña informativa para que o conxunto da cidadanía coñeza a situación irregular na que se executaron as obras e as consecuencias económicas que se derivan do derréoche de fundos públicos para as arcas municipais.

4. Anunciar, como non podía ser doutro xeito, que os concelleiros do BNG non asistirán aos actos do vindeiro día 6; por non se converter en cómplices dunha situación que revela unha concepción partidista, antidemocrática e carente da mínima transparencia das institucións.””


Romayo de Chanteiro

2 comentarios:

  1. Anónimo9:01 p. m.

    O unico que se me ocurre dicir e que a licenza para construir na antiga casa onde hoxe esta feito o novo concello a dou o bipartito o señor xenaro.As mulleres dalguns membros da corporacion parece sairon ben agasalladas.A obra paralizouse mais tarde e Cendan aproveitouse deste inmoble para facer a casa do pobo, ou non e asi sr romayo.Preguntelle a manoliño

    ResponderEliminar
  2. Pois non o sei, nin cónstame.
    Parece que vostede aparenta estar moi posto nos “intringulis”, e quizais metido no allo.
    Non teño xa que preguntarlle a ninguén, fíome do que me conta, pois seguramente vostede tamén recollería tallada......., ¡ sabendo ou que sabe !

    ResponderEliminar

Comentarios