Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

martes, 21 de marzo de 2006

Así non se arranxa a crispación - O Concello de Ares no fai cumprir a Normativa Urbanística da XUNTA

A XUNTA insta o Concello de ARES a que faga cumplir a legalidade de Accesibilidade



A Comisión Técnica de Accesibilidade, dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, no acordo dunha reunión de pasado 1 de febreiro 2006, ven a recoñecer a existencia de varios incumprimentos na localidade de Ares da Lei 8/1997 do 20 de agosto, así como na Normativa do Decreto 35/2000 do 28 xaneiro, DOG nº 41 do 29 febreiro, sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas en diversos edificios e establecementos públicos.

Dado que estes locais non contan con licenza de apertura, a Xunta insta o Concello de Ares para que, no ámbito das súas competencias de Disciplina Urbanística faga cumprir a legalidade das obras, para outorgarlle a Licenza de Apertura da que carecen, a pesar de levar xa moito tempo en funcionamento cara o público.

Este requirimento da Xunta de Galicia, ao que por suposto tampouco lle fará caso o Concello, súmase a outro requirimento semellante de fai xa un ano (abril 2005), cando a Xunta estaba aínda rexida polos Populares, e ao cal tampouco se lle fixo caso algún.

En por enriba estanse a abrir novos locais que seguen infrinxindo esa mesma Normativa.


E logo se queixa o Alcalde Cendán de que a Xunta lle ten xenreira a este Concello por ser do P.P.
Eiquí pode ser de aplicación o refrán de que "se ve a palla no ollo alleo e non se ve a viga no seu".

Segue a respirarse o mesmo ambiente de crispación de aguantarse cada un no seu, ou quizais haberá que matinar que hai outros intereses polo medio, mixturados co urbanismo , que xa anda a facer estragos (La Voz) según as noticias de oxe (Diario ferrol)

Romayo de Chanteiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios