Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

jueves, 1 de septiembre de 2011

ARES: FALTA DE ACORDOS NA CORPORACION

http://www.blogsnacionalistasgalegos.net/emiliomesias/archives/329

ARES:   FALTA  DE  ACORDOS  NA  CORPORACION
O Alcalde de Ares atopa dificultades para sacar adiante importantes acordos municipais, tales como: Orzamento, Plan de Ordenación Urbana, Dedicacións, Asistencias e as súas Asignacións Diñeirarias.
Ao non contar con maioría absoluta, debe lograr acordos con edís dos outros grupos. E estes, en principio néganllos ou poñen condicións que non acepta.

Xa en xuño, recén constituída a Corporación, vaticinabamos que isto puidese suceder. 

Ao noso xuízo debesen PSOE E BNG conseguir un pacto natural para estes grandes acordos. Pero parece ser que non foi posible, do mesmo xeito que tampouco no período anterior.

Julio Iglesias, na súa euforia triunfalista post-electoral dicía que se antes gobernou con 5 concelleiros e mellor o podería facer agora con 6.
Pero a evidencia demostra que non é así.
 

E estes días no seu FaceBook, ante a falta de apoios, mostraba a súa decadencia así:"De algunos sólo recibo un palo tras otro... y rencor... muchísimo rencor... Y todo por haber llevado al psoe a obtener en Ares los mejores resultado electorales de toda la historia... Ganamos en absolutamente todas las mesas y quedamos a 52 votos de la mayoría absoluta... Y como no lo soportan, quieren hacérmelo pagar... ignorando que cada vez que votan no a algo, quien pierde de verdad es el pueblo, porque a mi, por suerte, no me pueden dar ni quitar nada..."
 



O BNG de Ares non perdoa o ostracismo a que quedou relegado no anterior mandato e agora neste véngase non aceptando pacto algún ou pondo condicións difíciles.

De todos os xeitos as negociacións pendentes do pleno do 26 de agosto continuarán en Comisións e Xuntas de Portavoces. Para logo levalas a outro Pleno como é preceptivo.

O alcalde Iglesias Redondo xa se mostraba hoxe máis eufórico na súa rede social e manifestaba:
«Le voy a echar lo que haga falta para tener Plan».... Ni lo dudéis... En esta legislatura habrá un nuevo plan... Con ellos o sin ellos... .
 

Dicía isto comentando un solto sobre as licenzas de obras en "La Voz de Galicia".
 

Pero volvendo ao dos acordos, só necesita un voto para a maioría e este tamén pode achegalo calquera outro grupo como o Independente NAL, escindido do PP. 
Así que, Luís Cendán pode actuar de comodín e "dar xogo" como xa lle augurabamos tamén na súa presentación electoral.
A Política é así, que ninguén se engane.

ADICACION RETRIBUÍDA
Neste mandato, o Alcalde que é tamén Deputado Provincial, co asentimento da Corporación pretende gozar dunha Dedicación Retribuída, que chegou a propor en contía lixeiramente inferior á que tivo o anterior Alcalde Cendán, antes do ano 2007.


Pero non lle foi aceptada, pois saíu adiante unha emenda do BNG que propón que esta asignación monetaria entre dentro dun paquete de gastos que abarca outras dedicacións, asesorías e persoal de confianza.
Ademais a proposta esixe prescindir de retribucións a asesores nomeados pola Alcaldía e que Julio Iglesias non está disposto a sacrificar.
Non quere o Alcalde que por culpa de pórse un salario, teña que prescindir e eliminar eses postos de traballo dos seus próximos colaboradores.

Continuarán en datas próximas as negociacións para evitar o colapso municipal. Xa que coa situación actual non se poden executar proxectos e obras pendentes: Saneamento de Lubre, remodelación da Praza da Constitución, camiños de Caamouco, Cemiterio, .....

Todos absolutamente deberán ceder algo para logralo. 

Vai implícito cos seus cargos públicos asumidos libre e voluntariamente.