Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

viernes, 26 de febrero de 2010

¡¡ Era boa, ...... se colara !!

Pero, por quen nos toman algúns polítiquillos?.

Aparte de pretender enganarnos coas súas promesas a propósito de que non van ou non poden cumprilas, encima agora preséntannos as súas declaracións patrimoniais e catastrais, querendo demostrarnos que son uns pobres de solemnidade. ¡Que pena dannos!.

Entón, porque se pelexan por ocupar os postos dándose cotenadas e puñaladas traperas. Eses que eles mesmos se cualifican uns a outros como "fillos de puta", dentro do mesmo partido.

É como para analizar o que está ocorrendo, entre esa clase que a cidadanía, segundo enquisas do CIS, enumera como o terceiro problema actual despois do paro e o terrorismo.

Na súa maioría os políticos e os que anhelan selo, son individuos filtrados polos aparellos dos partidos e que se organizan para gozar do poder en beneficio propio.

Agora, algúns pretenden facernos comulgar con rodas de muíño.

¡Pobriños!, que pena dannos.

¡Xa abonda! de tanto engano deses caraduras.

Non é necesario esforzarse moito para atopar e demostrar as falcatruadas e mamandurrias que están ocorrendo.

Aparte do que está oculto e non se sabe, todos os días aparecen casos nos medios, que son comentados por analistas e tertulianos, para escarnio nacional e esquecemento da crise que está caendo.

Para que abundar entón?.

Dicir unicamente, que estamos enganados maiormente por unha chea de pillos incompetentes, pero .... ¡é o que hai!.

Razoar quizais que, se por circunstancias, entraramos na maraña e ocuparamos un cargo, quedariamos tamén enredados e seriamos outros espabilados máis. Aproveitariamonos para "non facer o bobo". Creariamos enchufes para familiares e amigos ou afíns, montariamos chiringuitos e fundacións.

Usariamos luxosos despachos e coches oficiais, ao mesmo tempo que cobrariamos dietas e quilometraxes, asistencias e outros emolumentos complementarios, para disfrazar o soldo percibido.

Non imos seguir enumerando as tropelías rebuscadas que se cometen, ata en plena crise.

Baste finalizar dicindo que as mentiras que nos queren facer tragar son innumerables e non teñen xustificación, nin é propio de quenes representan a voluntade popular e están chamados a dar exemplo, recoñecendo que como persoas poden cometer as faltas que todos facemos, pois eles non teñen porque ser mellores.

Impresentables e espabilados hainos en todas partes e estamos condenados a soportalos, pero debemos polos en evidencia. Non se crean que estamos bobos.

Podemos mencionar tamén, así ás toas, aos que conscientemente nos enganan invocando relixións, cambios climáticos, vacúas para gripes A, produtos adelgazantes, negocios enriquecedores piramidales, anuncios milagre, crises económicas, vendedores de fume, ......

Que pena dannos eses aproveitados mentireiros que declaran que non teñen un duro, ao seu nome!.

¡Era boa!, ... se colara!

martes, 2 de febrero de 2010

ZAPATERO, ¡ Ora pro nobis !