Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

lunes, 11 de noviembre de 2013

ARES: MEGALOMANÍA versus MELOMANÍA


 

  Los atinados comentarios de José A. Ponte Far y Xoan Rubía en dos diarios de este fin de semana, me ahorran buscar más argumentación sobre la megalomanía que afecta a los mandatarios de hasta el más pequeño pueblecito.

Todos quieren dejar su huella en una placa con su nombre en un edificio o construcción lo más grande posible, tipo Palacio de la Cultura do Gaiás iniciado por Fraga. 
(No nos olvidamos de aeropuertos, paseos marítimos, muelles, etc.)

Sólo añadir que los ejemplos cercanos están también a la vista: Nuevo concello de Ares, Casa del Reloj en el muelle mugardés y si me apuran un poco incluso el nuevo Auditorio de Caranza en Ferrol, totalmente innecesario y costoso.


Y ya concretando,  a la grandiosa idea del Auditorio de Ares, que le ronda a nuestro Alcalde según expresiones suyas en Facebook,  entra totalmente dentro de ese capítulo innecesario del despilfarro que no debieran tener los ayuntamientos en estos momentos.

Se ve que no aprendemos nada de todo lo que está pasando.
Sería, si se llevara a cabo, un cuantioso dispendio no asumible por las debilitadas arcas municipales o en detrimento de otras necesidades y que serviría únicamente para hacer dos o tres conciertos al año.
Conciertos y festivales que se pueden hacer al aire libre, en el pabellón deportivo o en una carpa al efecto, así como en existentes locales de Sociedades y municipales infrautilizadas.

Se evitarían los costes del mantenimiento y conservación de esa pretendida futura infraestructura costosa e innecesaria.


Si se le quiere dar destino a ese desaprovechado solar, donde se pretende ubicarlo,  en  la denominada Escuela de Niñas "Las Alianzas", lo mejor, barato y más útil será convertirlo en una Aparcamiento Urbano, bien situado en el centro y con tremenda utilidad de lo que Ares carece.



 OBRAS SON AMORES  -  Xoan Rubia -   Diario de Ferrol  - 10-11-2013
Y no buenas razones”, reza o sabio refrán. E ven a dicir que falar nonvale nada se o discurso no vai acompañado de accións palpables, de cousas tanxibles. Isto semellan telo ben claro algúns políticos que andan sempre na procura de facer algo, sexa o que sexa, con tal de que quede aí malia que a testemuña física da súa xestión non serva  case para nada. Os exemplos son abondosos e nalgún caso ata da vergoña ver tanto dispendio con tan pouca utilidade. E o asunto é que non se fan cálculos das necesidades; tan so importa facer o que sexa e que na plaquiñas quede iso de: “... sendo presidente Fulanito e alcalde Menganito”.
Houbo un tempo, coincidindo con que o exalcalde da Coruña Francisco Vázquez promovera un paseo marítimo para a veciña cidade, no que non houbo rexedor que non pensara o mesmo para o seu pobo, vila ou aldea. Saíron paseos marítimos e fluviais coma xestas polos camiños. E que me din dos portos exteriores. Aquí, con a penas dez millas marítimas de distancia, temos dous e aínda non apareceu ninguén que explicase con claridade o por que deses  súper portos un tan preto do outro. Un non quer ser mal pensado, pero  destas historias algúns seguro que sacaron boa tallada.
No caso da alta velocidade ferroviaria acontece algo semellante. De súpeto a todos entráronnos unhas presas tolas, unha necesidade de chegar a 300 quilómetros por hora a todos os sitios, e de andar coma tartarugas pasamos a ter a liña de alta velocidade máis ampla de Europa con estacións preciosas, de deseño, onde sube un e baixan dous pasaxeiros.
Non sería mellor actualizar o que temos (logo pasa o que pasou) e promover servizos decentes, cómodos e alcanzables de prezo? Estou convencido de que se, por exemplo, de Ferrol a Coruña tivésemos un servizo de tren regular (un pouco máis rápido, si), modernizado e con prezos e horarios axeitados,  o mesmo a xente usaría menos o coche particular para desprazarse entre as dúas localidades. 
Dos aeroportos xa nin lles falo pois aí teñen exemplos dalgún onde se fan  dous aterraxes ao día ou outros nos que aínda non chegou ningún avión, un deles con estatua xigante do señor Fabra por aquilo de perpetuarse, de que quede constancia do ideólogo e promotor de tamaño disparate. E con estes dispendios así andamos a velas vir namentres uns poucos rinse de nós e fan suculentos negocios.
Pero estes desembolsos, estas mostras de obras que se rematan e non se inauguran, non so se sitúan nos grandes centros de influenza senón que xa aparecen en localidades pequenas coma por exemplo no meu pobo. En Mugardos xa hai tempo, no lugar onde outrora estaba o Matadoiro municipal, aló na punta do Ratón, levantaron un moderno edificio para usos pesqueiros –segundo rezaba o cartel anunciador da obra no que tamén figuraba o seu orzamento– con placas solares no tellado e imaxino que con cómodas dependencias deseñadas para o que foi concibido.
Pois leva anos aí, esperando a que alguén se decida, a que o inauguren, a que o poñan en marcha. Polo camiño que levamos, moito me temo que aí vai estar, pechado, exposto ao paso do tempo, desafiuzadodenantes de ter efecto. Este é o exemplo de como xestionamos os diñeiros públicos e logo nos queixamos, este é o panorama no que nos movemos. Ou reflexionamos sobre o mal que estamos a facer as cousas, ou estaremos dando a razón a aqueles que din que isto non ten remedio.

                                                                   -----o0o-----
¡ El tiempo juzgará estas veleidades !