Manuel Cendán, imputado por fraude electoral, encabezará o PP de ARES
Estaba cantado. Cendán aspira á Alcaldía de Ares.
O Partido Popular confirmouno.
Non foron capaces de buscar un candidato limpo ou non quixeron.
Cendán anda tolo por reenganchar. O cargo deixoulle bo sabor de boca.
Non se entende senón que despois de estar oito anos como Alcalde de Ares, máis doutros tantos na oposición en diferentes etapas, siga aspirando a ter unha praza na súa Casa Consistorial.
Suponse que non será polo seu interese vocacional no Servizo Público, máis ben pode ser cousa de egocentrismo personalista e lucrativo. ¡Como moitos máis, claro!.
A política como profesión.
Para que todo marchase mellor, ninguén debería estar máis de oito anos nun cargo. E logo que pase outro. Evitaríanse moitas corruptelas.
Pero o panorama, desgraciadamente, anda por outros camiños.
Nestes momentos, os partidos políticos están pechando as súas listas para as eleccións municipais e autonómicas de Maio, pero ditas listas poderían incluír por centos de políticos corruptos.
En lugar de presentar candidatos cunha traxectoria impecable de servizo publico, os partidos políticos están utilizando todo tipo de ambigüidades e baleiros legais para incluír a imputados por delitos asociados coa corrupción nas súas listas electorais.
Esta non vai ser unha batalla fácil. A corrupción está ben arraigada no noso sistema político. Así, 8 de cada 10 españois pensan que as nosas institucións e representantes políticos son corruptos, ou moi corruptos. Pero non é só unha percepción: a magnitude do problema está alcanzando niveis alarmantes.
Así, o ano 2010 pechou con máis de 700 investigacións abertas por casos de corrupción, talles como o suborno, a malversación de fondos públicos e o financiamento ilegal de partidos, que afectan a miles de funcionarios e cargos electos.
Desafortunadamente, a resposta dos dirixentes dos partidos continúa sendo a de pechar filas, ignorando a miúdo as imputacións e botándolle a culpa de todo aos rivais.
galega, insta a Feijóo a explicar o nomeamento de Manuel Cendán como candidato do PP en Ares, pese a que está "acusado e procesado" por un delito electoral na súa etapa como alcalde.
Sestayo tamén lle pregunta a Feijóo se o nomeamento é "un premio" porque "permaneza acusado por conseguir votos en Ares rexistrando a persoas na súa casa, garaxes ou edificios en ruínas".
Tamén o actual Alcalde Socialista de Ares, Julio Iglesias, fixo declaracións respecto diso deste nomeamento.
Con todo o ministro de Fomento e vicesecretario xeral do PSOE, José Blanco, explicou que só os cargos socialistas que ademais de estar imputados nun procedemento xudicial por "corrupción" estéano por "enriquecemento persoal" quedarán fóra das listas electorais nas eleccións municipais e autonómicas do próximo 22 de maio.
As listas duns e doutros para os comicios de maio van infestadas de imputados.
Si a portavoz de Xustiza dos socialistas,Beatriz Sestayo insta a Feijó a explicar o nomeamento de Manuel Cendán como candidato do PP de Ares,e moi importante saber e denunciar que dita portavoz de Xustiza ten un bufete de abogados en FERROL chamado TRIBUNALIA que leva xestionando durante estos catro últimos anos a maioría dos pleitos e xestiones do concello de Ares co beneplácito do señor Alcalde a sazón da amistad que lle une a dita portavoz polo mesmo cargo desenrolado no seu tempo atrás polo referido rexidor.E moi importante reflexar que si o PP leva un candidato elexido polo seu propio partido i este mismo candidato non saliu elexido nas elecions anteriores ,o pobo decidirá,pero ata chegar ese punto non hai que cantar a cantiga "HOMBRE BLANCO HABLAR CON LENGUA DE SERPIENTE".
ResponderEliminarGraciñas
Home eu pensoque isto xa e unhanorma xeral do pp posto que o novo tesoureirodo partido en Madrid o ex ministro de sanidade o sr.ROMAY DE BECCARYA alias o mestre fixo unha xuntanza cos alcaldes do PPna provincia da cruña pra aprenderlles como tiñan que fcer pra non pagar impostos ..pois xa me diras....
ResponderEliminarHome o actual alcalde esta condenado a reacmitir a dúas traballadoras por despido improcedente e o portavoz do BNG condenado por dar licencias de obras ilegais a sabendas, e non pasa nada.
ResponderEliminar