Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

viernes, 29 de octubre de 2010

FAN FALTA MOITOS MARCELINOS

A ESQUERDA MÓRRESE

Co falecemento hoxe aos 92 anos de Marcelino Camacho, fundador de COMISIÓNS OBREIRAS, desaparece o pouco que vai quedando da Esquerda española.

Dicimos a Esquerda auténtica, a que loitou contra a Ditadura Franquista, polos dereitos dos traballadores e as clases desfavorecidas.
Agora o que hai é outra cousa.
O que queda da Esquerda está descolorido, falta o Vermello. Todo ten moita palidez, é unha cousa lixeira e descafeinada onde impera o liberalismo capitalista e a mercadoría do poder e o diñeiro, faltando a honestidade que xa non se cotiza.
Algúns aínda cremos na unión da clase traballadora como medio de defender os seus dereitos. A loita por emanciparse da escravitude, que emprenderon aquel Primeiro de Maio os Mártires de Chicago.


Nunca ning
ún logro social regalouse, sempre houbo que conseguilo con loita e tesón.
Estase vendo agora coa crise provocada polas Financeiras que teñen que pagar os traballadores, ante a pasividade e compracencia dos gobernos.
Aí están o paro crecente, as reconversións do sector naval, carbón e outras. Que sen a loita e unión da clase obreira, serían aínda máis traumáticas.
As Centrais Sindicais, como a que creou Camacho, teñen razón de existir para a defensa obreira e traballadora.

Sen deixar de recoñecer que a clase Dirixente Sindical actual, contaxiada da degradación política e do ambiente de corrupción e fácil enriquecemento imperante, está tamén contaminada e desprestixiada.

De aí o pouco éxito das folgas e protestas xa que se recea dos Sindicatos. Acúsaselles de vivir ás costas dos parados e os seus problemas.
Os dirixentes liberados non están dando o mellor exemplo coas súas actitudes persoais, parece coma se só buscasen o seu beneficio persoal, con privilexios e ostentacións a cargo do Estado co que flirtean a miúdo.
En todo similar á deostada Clase Política e vivindo ás costas dás necesidades da poboación máis desfavorecida.

Todo isto dicímolo, sen rubor, desde a aínda militancia sindical, anque que sexa de abonar cota soamente.

¡Un adeus ao Compañeiro Marcelino !

"Nin nos domaron, nin nos dobraron, nin nos van a domesticar"

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios