ARES: Pleno con Cotillón y Barra Libre
"Me voy para no aguantarlo a usted" le dijo Echavarría a Cendán, en el Pleno Municipal esperpéntico de ayer que aprobó designarle para formar parte de las comisiones de Urbanismo, Facenda, Obras y Xunta de Portavoces.
Cendán dijo a la prensa que el secretario advirtió de maniobra ilegal y será recurrido el nombramiento.
Mientras la concejala del PSOE Ana Fernández, manifiesta "discrepancias con el Alcalde Julio Iglesias".
ARES Jueves 31 de Diciembre de 2009
PSOE e NAL respaldan a continuidade de Francisco Echevarría nas comisións
LORENA ROMERO > FERROL
O pleno celebrado no Concello de Ares aprobou a continuidade na corporación en calidade de concelleiro non adscrito a grupo municipal de Francisco Echevarría, de baixa no Partido Popular desde hai dous meses. Os votos favorables do PSOE e NAL e a abstención do BNG permitirán a Echevarría participar nas comisións de Urbanismo, Facenda e Obras e Servizos e na Xunta de Portavoces. Desde o consistorio indicouse que o ex edil do PP acusou no pleno ao portavoz dos “populares”, Manuel Cendán, da súa decisión de abandoar o partido. “Seguramente tenían razón los que me dijeron que lo iba a pasar muy mal si le hacía sombra o no estaba de acuerdo con él”, asegurou Echevarría, que anunciou estar estudando a fórmula de querellarse contra Cendán polas manifestacións públicas realizadas por él a principios deste mes.
|
ARES Sábado 2 de Enero de 2010 Unanimidade no PSOE para que Echevarría continúe nas comisións redacción > ferrol O alcalde de Ares, Julio Iglesias, saíu onte ao paso das declaracións do portavoz municipal do PP, Manuel Cendán, que aseguraba que unha das concelleiras socialistas, Ana Fernández, “non mantivo a disciplina de voto por discrepancias co alcalde” no pleno celebrado o pasado día 30. O rexedor aresán incidiu en que os cinco edís do PSOE respaldaron co seu voto a continuidade de Francisco Echevarría -ex concelleiro do PP- nas comisións de Urbanismo, Facenda e Obras e Servizos, ao igual que na Xunta de Portavoces. Iglesias explicou que os edís do PP abandonaron o pleno cando Echevarría comezou a explicar as razóns que o levaron a deixar o grupo “popular”. Foi despois, concretamente no cuarto punto da orde do día, cando se votou a reasignación das comisións, das que formará parte Echevarría grazas ao respaldo tanto dos edís do PSOE como do de NAL. Desde o consistorio indicouse ademais que o acordo plenario non é ilegal, como deu a entender Cendán, asegurando o equipo de goberno que o pleno ten capacidade para decidir, por maioría, que un concelleiro forme parte dunha comisión. Iglesias puntualizou que si se abstivo nun momento das votacións a concelleira socialista Ana Fernández, pero foi no momento en que se trataba de aprobar a urxencia dunha moción na que se instaba ao pleno a apoiar a solicitude dun crédito para proceder á reparación dun barco de titularidade municipal. Este atópase actualmente no municipio coruñés de Sada e urxe obras de reparación para que non continúe avanzando o seu estado de deterioro. A moción presentouse fora da orde do día pero non saíu adiante, ao non ter o respaldo necesario da corporación. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios