Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

viernes, 20 de noviembre de 2009

O fondo estatal financiará o "Spa" que terá a piscina de Franza




Os concellos de Ares e Mugardos están de acordo para destinar unha parte da segunda fase do Plan "E" a obras complementarias do proxecto da piscina que actualmente se constrúe na parroquia de Franza.
O acordo tradúcese nun montante global de 300.000 euros (ao redor de 150.000 cada administración) e con cargo a esta contía prevese a construción dun servizo de "spa" para completar as prestacións dunha instalación que non estará operativa ata o próximo ano ou máis ainda.

Desde a Alcaldía de Ares arguméntase a decisión en base a garantir unha media de 600 usuarios para facer rendible o mantemento do servizo. Neste sentido, faise constar que trátase de ofrecer algo distinto ao que xa existe en instalacións como as de Ferrol, Narón Fene ou Pontedeume, para facer máis atractiva a oferta.
O servizo de "spa", xunto ao potencial que representan as boas comunicacións da zona de Franza, a vía rápida incluída, son algúns dos factores dos que botarán man os políticos de Ares e Mugardos para tratar de facer máis atractiva unha infraestrutura financiada con cargo ao diñeiro da Deputación.

SPA
A palabra Spa provén da frase en latín "Salus per aquam", é dicir, "saúde a través da auga".
Parece ser que ademais o termo atribúeselle ao pobo belga de Spa, que era coñecido polos seus baños con augas curativas desde a época Romana.
Ao parecer logo xeneralízase como nome común para fonte termal ou balneario termal.

Sexa cal fora a orixe, o certo é que o termo alude a un establecemento relacionado coa saúde e tratamentos en base a auga.
Os primeiros "spa" xorden como grandes extensións de terras, con fontes termais naturais cuxas augas posúen propiedades curativas de problemas tanto reumáticos e dermatolóxicos como circulatorios.
Ademais de programas curativos ofrecían programas preventivos de relaxación.

A diferenza principal entre un SPA e un balneario ou terma, é que nestes últimos a auga ten propiedades mineiro-medicinais, a diferenza dos SPA onde a auga é a común da traída."

Todo isto trae como consecuencia un incremento no gasto de auga e enerxía, se non se toman as medidas adecuadas de reutilización e consumo responsable.
Cabe recordar que o mantemento e a xestión das instalacións pasarán a ser responsabilidade directa, tanto no seu apartado económico como no administrativo, dos Concellos.

Os concellos de Ares e Mugardos analizaron xa as posibilidades que existen con respecto á xestión da piscina a fin de adiantar a tramitación administrativa dun proxecto que xa entrou na súa recta final.
As opcións son dúas: prestación de servizo e concesión.
As diferenzas máis destacables hai que buscalas na duración do contrato, máis longo no caso da concesión, e nas contraprestacións que a empresa adxudicataria podía achegar en forma de equipamentos a un complexo deportivo no que foron investidos máis de 1,5 millóns de euros.
Esta medida tamén está adscrita á fórmula de concesión.

ACCESIBILIDADE
Pero visto ese destino terapéutico e de tratamentos relaxantes, non estará de máis recordar que a Piscina de Franza debe ser totalmente accesible para poder cumprir con Licenza de Apertura e Uso.
Accesibles deberán ser tambien as súas instalacións, duchas e aseos.
E recordar ademais a obrigación de ter cadeiras-guindastre para entrar e saír da auga as persoas
discapacitadas e con diversidade funcional, sen necesidade de que teñan que depender do auxilio doutras persoas para a súa inmersión.
Moito nos tememos que non se van a cumprir todas esas medidas de accesibilidade.
Porque tampouco se fai noutros edificios e locais de uso público, a pesar que se lles enche a boca de palabras fastuosas e propagandísticas cando falan deste tema, pero logo na realidade cotiá non cumpren.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios