Boas Novas para a Parroquia de Cervás
BOAS NOVAS PARA CERVAS
O Concello anuncia un novo convenio con Defensa para intentar dar saída á recuperación do Cenobio de Santa Catarina de Montefaro e darlle un uso adecuado.
No que se barallan varias hipóteses: Parador de Turismo, Hotel, Residencia, Xeriátrico, Museo, Taller Obradoiro, etc. etc.
No que se barallan varias hipóteses: Parador de Turismo, Hotel, Residencia, Xeriátrico, Museo, Taller Obradoiro, etc. etc.
Somos escépticos neste aspecto de que se logre algo rápido, porque temos antecedentes de intentos e promesas anteriores fallidas e ademais os espellos próximos dos Castelos de San Felipe e A Palma, que levan anos de trámites e rumores, sen que se albisquen resultados reais.
Agora anúnciase a concesión dunha Escola Obradoiro de Emprego que inscribirá a 25 parados e cuxa aula base situarase no edificio do que foi a antiga Sociedade Agrícola-Gandeira de Cervás e que terá, entro outros fins, unhas reparacións menores no Mosteiro de Montefaro: Cantina, aseos e xardíns.
Outra noticia recente para esta parroquia, é a próxima implantación do Servizo de Wi-Fi para a banda ancha de Internet, que tanto se necesitaba.
E tamén a reparación das estradas de Coitelada, así como a recuperación doutras vías e baterías e fortes, para darlles un uso turístico e de recreo.
Ademais doutros plans prometidos como o Saneamento e Abastecemento de Auga.
Xa se anunciou fai tempo a recuperación do litoral e Paseo Marítimo na praia de Chanteiro.
E tamén está concedida unha reparación en forma da estrada de Ares a Chanteiro que depende da Deputación.
Non fai falta abundar máis, porque de todo isto e máis aínda se fai perfecto detalle na excelente páxina Web do Concello de Ares, habendo saído tamén reflectido nas noticias comarcais dos medios de comunicación.
Por todo iso, parabén a Cervás e ao entusiasta Alcalde Julio Iglesias, que é o protagonista destes posibles logros, que él confía sexan realidades, pese a quen pese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios