Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

lunes, 4 de agosto de 2008

Dende Sidney, din: "O seu Blogue chega lonxe"


O séu blogue chega lonxe
Un visitante de "A Voz de Chanteiro", dende as antípodas, en Sidney (Australia) no lonxano Pacifico Sul, rememora un retazo da nosa historia recente, ainda ser ser galego.

Se alguen está informado do tema sobor do que fala o noso comunicante, agradezo se poña en contacto co e-mail de José Enrique.
Romayo de Chanteiro.

----- Original Message -----

From: "Jose" <josenri@unwired.com.au>


Sent: Saturday, August 02, 2008 3:05 AM
Subject: O séu blogue chega lonxe

Escrebolle dende Australia, lugar onde aprendin o Galego cos recursos atopados na internet, foi daquela da independencia da illa de Timor cando procurando novas da illa en Portugués, cain ó chou nunha web reintegracionista e entereime das controversias na lingua dos galegos.

Arrepiei de oiren que estaba esmorecendo e por certo, namoreime máis do que eles desa fala, ao mergullaren nela entendin como foi ca miña nai asturiana, unha vaqueira de alzada das brañas de Calleras, no Consello de Tineo, axudoume tanto, cando sen os recursos de hoxe boteime aprender a lingua dos viciños brasileiros nos méus anos mozos, lá no lonxano Bos Aires, lugar onde a identidade galega fai parte da ialma local e de nós, os pouco enxebres arxentinos, xente que levamos apellidos que apenas contanlle un lado da nosa historia e orixe.

Pois ben, sonlle un fillo da diáspora republicana española e unha mestura xurdida como consecuencias dos feitos do ano 36, sendo o inglés miña lingua cotian, coñecin a outra pesoa de orixes semellantes, un americano que apenas fala inglés e conta coa miña axuda no empeño de encontrar algun lazo familiar na zona, chámase Gary Fernández Maceiras, é neto do irmán dun galeguista fusilado na Ría de Ares en 1936, Xosé Antonio Fernández Maceiras, ele, Gaby, e o neto do Pedro Fernández Maceiras, que tivo que emigrar primeiro a Cuba e despois ós Estados Unidos onde nascera.

Os irmáns Fernández Maceiras eran de Mugardos, non é moito o coñecimento dos detalles que o Gaby ten e fai moi pouco que topei o detalle de que Xosé Antonio fora un galeguista, se alguen de Mugardos ou de Ares ocupárase deste tema e quixer tratar con Gaby en inglés pasaríalle ós séus datos, e dende aquí, Sydney non é moito o que poso eu fazer alén de amolar ás toas, e a canto enderezo local atope na rede como neste caso.

Agradézolle moito a xurdia laboura que o señor está a fazer encol das memorias locais e saiba que ten leitores ata nestas leiras do Pacífico Sul que se o agradecemos.

Algunhas delas terei que comezar a traduzilas ó inglés para que xente coma Gaby poda entendelas.

Unha Aperta.

José Enrique Goldberg

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios