Valoración positiva no aniversario do Goberno Socialista de Ares
Nestas datas cúmprese un ano de xestión do goberno municipal de Ares e o Alcalde Julio Iglesias xa presentou o Balance da súa xestión.
Nos primeiros 100 días, "A Voz de Chanteiro" daba un notable con folgura ao goberno municipal.
Agora hai que revalidalo como "totalmente positivo".
Neste relatorio de balance, Iglesias Redondo manifesta que o seu maior logro foi "recuperar o diálogo institucional e o consenso" coas demais forzas políticas da Corporación, ao "buscar o diálogo permanente".
Non podía ser doutro xeito, porqué está gobernando en minoría e os proxectos necesitan saír adiante a base de acordos.
O que en principio podería acusarse como un fracaso do Alcalde, o non ter a capacidade para lograr unha maioría gobernante, cos que apoiaron o seu nomeamento, Mais él dálle a volta e convérteo nun éxito disfrazado de consenso xeral. Pero, ¿que outra cousa podíase facer? se non isto, renunciando ademais a "dar a caña prometida" e a auditoría.
Todo isto non merece ningunha crítica, ao contrario, está ben. ¡É a política!. Porque, é admirable a capacidade de mirar o lado positivo que teñen os políticos. Nunca ven nada negativo, todo positivo (oposto de Van Gaal) nos seus balances. Igual que nos resultados electorais. Sempre gañan, ou todo o máis que sofren é unha "doce derrota", e logo pasa o que pasa (PP).
Balance pois positivo en Ares, pero se poden anotar no débito algunhas prohibicións antipopulares, a incapacidade para lograr unha sólida maioría gobernante, evitando vaivéns e certo tufo atribuído a lucimento de autobombo, nesa boa xestión recoñecida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios