Troula Carnavalesca Aresán e recordos do pasado
O Concello de Ares prepara varias actividades para festexar o Entroido.
Xa está preparada unha carpa na Praza da Constitución, onde se festexarán as xornadas carnavalescas.
Hai xa para este domingo unha exposición das pinturas participantes no concurso convocado ao efecto. Outro concurso de disfraces de Antroido e bailes nas modalidades de infantís e adultos, con diversos premios para os gañadores.
Hai anunciadas actividades en varios días da semana, nos que non faltarán tamén bailarinas e batucada ao máis puro estilo brasileiro.
No Casino Aresán haberá finalmente o tradicional baile de Piñata e noutros centros e entidades das parroquias están programados bailes de disfraces para nenos e maiores.
Sacarán a rúa os monecos que falabamos de "Lolo do Outeiro", e arrufados con festa e xolda de música enxebre, farán acto de presenza nos bailes infantís de Chanteiro e Cervás para acabar ruando, xa de noite, pola vila de Ares ata a madrugada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios