Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

lunes, 10 de diciembre de 2007

¡EU NON SEI NADA, ........ DÁ OPERACION VIRGIN!

¡EU NON SEI NADA, DÁ OPERACION VIRGIN!
Todos cegos e mudos. Mirando para outro lado e non escoitando o que non lles convén.

Todo quedará nunha cortina de fume. Como unha pesadela nunha noite de insomnio. As corruptelas están na orde do día de tódolos concellos. Pero tranquilos, xa ninguén se escandaliza. A xente desculpa, perdoa e hasta admira aos defraudadores, tramposos, aproveitados e corruptos.
E canto mais coñecidos e famosos, pois mellor.E non digamos se saen xa en programa dá TeleLixo, e nos Foros, pois máis admirados.

O que non entra nesta dinámica que promove a clase política, será porque e bobo. E claro aparecen os listos enseguida.

Que lles poderá pasar? - ¡Nada home!, nin sequera unha inhabilitación. Poderán seguir actuando ..., coma se nada. Corrupcións grandes, medianas e pequenas.

Corruptelas máis ou menos descaradas. Con enormes pelotazos en forma de recalcificacións ou a base de comisións ilegais. Mediando ou non financiamento ilegal dos partidos. A gama é moi ampla.


A xuíza instrutora citou en calidade de imputado ao alcalde Xosé Fernández Barcia (BNG).
Entre outras persoas tamén convocadas a declarar atópanse unha arquitecta privada, ademais da arrestada, e outros dous edís da corporación que foron chamados ou o serán.
Considérase que por acción ou omisión os cargos públicos terían que coñecer as supostas actuacións irregulares dos funcionarios ao seu cargo.

Polo menos en comisións municipais e noutros órganos da corporación foron aireados os problemas de posible incompatibilidade da arquitecta Julia Cortizas Díaz, por simultanear o seu traballo de asesora municipal co estudo privado Xcale, situado en Fene, e rexistrado durante a operación.


O rexedor mugardés, Xosé Fernández Barcia, do BNG, era presidente dá comisión de Urbanismo ademais de alcalde no tempo en que se produciron os feitos agora investigados e froito disto, a xuíza decidiu chamalo a declarar como imputado na presunta trama urbanística.

.
En declaracións aos medios, Barcia afirmou non ter "nada que ocultar" e dixo estar tranquilo sobre a investigación e seguro de que se poderá "aclarar" o acontecido. O mandatario local subliñou que as licenzas concedidas durante o seu mandato contaron sempre co "aval" favorábel dos técnicos municipais.



A concellala de Esquerda Unida de Mugardos solicitará, mediante rexistro no Concello, que as persoas que traballan nel e que se encontran en liberdade provisional con cargos, sexan preventivamente suspendidas de emprego e soldo ata que exista unha sentenza firme por parte dá xustiza.
.
De igual forma, non caso dá aparelladora municipal, vaise solicitar que o pleno do Concello revogue a compatibilidade dá que goza para poder exercer profesionalmente noutros concellos.

.
Non parece adecuado que quenes están imputados por utilizar, presuntamente, a súa posición de
traballadores dá Administración Local de maneira irregular, sigan dispoñendo dá mesma capacidade de influír e dá información municipal para posibles beneficios privados.


.
Así mesmo solicitará que o Concello de Mugardos deixe de encargar os proxectos municipais ó estudo de urbanismo e arquitectura Xcale, S.L., e que os proxectos que se están a desenrolar no termo municipal con dirección de obra de Xcale cambien por outro director de obra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios