Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

lunes, 11 de junio de 2007

“A Voz de Chanteiro”, sente a marcha do Alcalde Cendán.


“A Voz de Chanteiro”, sente a marcha do Alcalde Cendán.
Sí, así como soa.
Porque de vez déixanos orfos de noticias sobre corrupcións, prevaricacións, rumores e sucesos curiosos que viñan constituíndo xa “o pan noso de cada día”.
O derradeiro foi o seu “bastón personalizado” e que non escandaliza xa tanto, porque estamos curados de espanto e sabendo xa tamén, ademais de que pé coxeaba ...pois necesitaba a axuda dun bastón.

Finaliza unha etapa negra de corruptelas, prevaricacións e incumprimento das leis. Etapa na que actuaron ao unísono o Alcalde e a súa camarilla. Porque diso non se libra nin o seu irmán o "Nano Aspirante" nin o equipo de goberno.
E, salpica tamén a outros administradores funcionarios e técnicos municipais, pola non advertencia, cando non complicidade nas ilegalidades cometidas.
Algo se irá sabendo no futuro. ¡O millor teñan "barra libre" onde hai escaleiras ?
Acabamos, recentemente estes días, de ter novo coñecemento dun caso xa comentado nestas páxinas chanteiresas.
É en relación coas licenzas de apertura a establecementos de uso público que non cumpren a normativa de accesibilidade e que foi instado o Concello pola Xunta a que fixese valer as súas competencias de disciplina urbanística.
O Alcalde nunca fixo caso destas admonicións. Pero, nin á Xunta cando a presidía Fraga, nin tampouco co actual Touriño.
Ao recordarllo él dicía que non facía caso a ninguén. Só parecía responder ante Deus e a Historia. (Tivo bo mestre de exemplo).
Pois o asunto éste, en relación con denuncias sobre falta de accesibilidade di así nunha nota da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar de data 28 de maio pasado:
A Comisión Técnica de Accesibilidade en reunión celebrada o pasado 24 de abril de 2007 acordou por unanimidade darlle traslado das denuncias á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, por entender que a situación excede das competencias desta Comisión, posto que o sistema de responsabilidades establecido no artigo 39 da lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 166, de 29 de agosto) implica que o Concello correspondente exerza previamente as súas competencias de disciplina urbanística.
Aquí achegase a copia do escrito remitido á Consellería de Política Territorial con data 9 de maio de 2007.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios