Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

domingo, 21 de mayo de 2006

¡¡ LA CALLE ES MIA !! - - ¡¡ A rúa e miña !! ¿Lembrades??




¡¡A rúa é miña!!, berraba Fraga Iribarne cando era ministro do Interior no primeiro goberno deste Rei designado por Franco.


Pois, polo que parece, en Ares aínda quedan persoas que se consideran con dereito a ter o seu cacho na rúa reservada para aparcadoiro particular.

Días atrás no "Diario de Ferrol" aparecía unha foto dá rúa Real de Ares onde un veciño pintou en amarelo o seu aparcadoiro privado e a prohibición de aparcar para tódolos demais.

Outro caso digno de mencionar ocorreume a min mesmo na parte dá rúa creo chamada A Lúa, entre a Farmacia e o Bar "Os Nanos", nun anaco cego que dá a un portalón sen sinal de vao nin prohibición algunha, onde habitualmente aparca o Alcalde e outros varios máis.

Pois.... unha vez que puxen o meu coche alí, sentín dende o portalón unha voz inintelixible que parecía dun “simio” e que despois ao achegarse comprobei un home (confirmada a Teoría de Darwin), que me dicía que alí non podíase aparcar. Ao contestarlle que non vía sinal algunha que o prohibise díxome aquilo de: ¡¡ESTA RÚA É MIÑA!!

Non haberá que comentar mais.

Entronques, dicir que nos escasos Estacionamentos para Discapacitados, aparca todo Dios e os policías non os multan, nin sequera os avisan.

¡ Cousas Veredes ! - Todo esto tamén e
corrupción, ¿Ou non? ....

Romayo de Chanteiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios