lunes, 31 de enero de 2011
miércoles, 26 de enero de 2011
Hoxe 27 Xaneiro, Pleno ordinario de fin de mes en Ares - O "BNG" denuncia a soberbia coa que actúa o Alcalde
O "Bloque de Ares" denuncia a soberbia coa que o Alcalde de Ares actúa cando lles demandan algo.
Se refiren, neste caso, a negativa do Alcalde socialista Julio Iglesias a cambiar a data dá celebración do Pleno Ordinario de fin de mes, por coincidencia dá convocatoria de "Folga Xeral" convocada casi en solitario pola CIG.
Din os nacionalistas que este Concello e o único dá Comarca que se nega ao cambio.
A solicitude fora xa presentada o pasado día 17 de Xaneiro, segundo nota feita pública por este grupo municipal, que ten presentadas precisamente dúas mocións a este Pleno ao que non van asistir.
miércoles, 19 de enero de 2011
sábado, 8 de enero de 2011
O Concello de Ares, acorda respectar a toponimia tradicional
Tomouse este acordo no Pleno do pasado día 30 de decembro, cunha maioría de sete votos a favor, cinco en contra e unha abstención.
A moción fora presentada a iniciativa do BNG.
ESTES SON OS ACORDOS
" 1.- O Concello promoverá a recuperación dás denominacións tradicionais dos lugares ou, caso de non existiren, daquelas que teñan a ver coas tradicións, actividades ou persoas relacionadas co lugar.
2.- No tocante a asignación de nomes a lugares ou víaas do concello, o acordo corresponderá ao Pleno dá Corporación, previo debate e informe dá Xunta de Voceiros; que achegará, se é ocaso, informes que xustifiquen a proposta".
Este acordo aprobado agora polo Concello ven a reconducir estas anomalías irresponsables para coa nosa historia e tradición.
O "Pantasma do Mazote", acompañou este derradeiro pleno do funesto 2010, e xa estivera tamén coa Santa Compaña inaugurando esta vía na data dos Defuntos.
martes, 4 de enero de 2011
viernes, 31 de diciembre de 2010
FELIZ 2011 e que pare a CORRUPCION
Logo da tregua navideña, poño un debuxo de corrupción, para que entre tanta festa non esquezamos a realidade que nos arrodea.·
Romayo de Chanteiro Está moi ben, recordalo de cando en vez.....
Alfredo Pardo Hermida Grande realidade do urbanismo pro cazo. Aplaudo a túa idea de que os Concellos sexan patrocinados -polo menos as sesións plenarias- polas empresas de Obras. Xenial, Mestre.
Xoan Mallo ¡que horror! ¡Topamos ca crua relidade.....!·
Víctor Manuel Fuentes Viaño Fenomenal!!! Esta é a representatividade real dos partidos políticos.
Monte Pituco Con permiso, compartimos. Dá gusto atopar visións tan críticas (e non por iso menos evidentes) da realidade.
Xose Manuel Breton Pardo Iamos camiño de esto
Avelino Formoso Romero O millor de todo .."Os porquiños" do escudo...
Joám Do Porto Por desgraça, este boíssimo desenho reflite umha realidade muito mais geralizada do que alcançamos a ver ou do que se tem conhecimento e nom só com empresas promotoras-construtoras.
Romayo, facía ben tempo que non aparecías por aquí, xa se encargarán os patrocinadores de lembrarnos esta situación.E pronto.
Alfredo, ata haberá empresas que patrocinen as xubilacións, así que veremos nos parques vellos co rótulo, vello p...atrocinado por Porsecola. É un horror, como di Xoán, pero estamos tan afeitos que, quen sabe se postos no seu lugar, nós, non faríamos o mesmo.
Victor: Observarás que no lado dereito (do debuxo) aparece unha concelleira que non ten patrocinio, se supón que é independente e que o seu voto, non é preciso para tomar decisións.
Monte: Claro que tes permiso, ao debuxo que se te fixas non está centrado, tiven que quitarlle un anaco por aquelo do escaneo, e preferín que se salvara a concelleira da que falei antes. Iamos camiño diso, e agora con esponsorización de empresas doutro tipo seguiremos igual. O malo é que hai concellos que teñen un porco no escudo e se poden dar por aludidos, pero eses non son( en todos os casos) Joan: Ti tamén te decatas que a corrupción evoluciona, e vai collendo diferentes facianas, segundo lle conveña.
Tapices Galicia Xenial que alguén seipa ver a realidade e plasmala tal cal é, alucinante o pasotismo que temos todos ante estas situacións, ¿que carallo nos pasa?
Xan Das Bolas mestre xaquim compartolha
Xaquín Marín Tamén eu, logo de facer o debuxo paso ao pasotismo.
Estás no teu debuxo Xan, o que si é que repito que está descentrado.
José María Carricoba Armesto Moi bo.Eu substituiría os porquiños do escudo por uns "chourizos".
Xaquín Marín José Mª: Ti ves as cousas con perspectivas de futuro.
martes, 28 de diciembre de 2010
miércoles, 22 de diciembre de 2010
miércoles, 15 de diciembre de 2010
A crise e a desesperación xa causa mortes
A crise e a desesperación xa causa mortes.
Pero, provocar situacións de pobreza, miseria e desesperación, ...... tamén é matar.
Ocorreu esta mañá en Olot (Xirona), onde xa pasaron recentemente outros casos de crimes.
Un individuo, parece ser que con personalidade alterada ou desequilibrio mental, asasinou a catro persoas.
Dous eran os donos da Empresa onde traballaba de albanel e outras dúas dun Banco.
A desesperación unida a estas personalidades alteradas, provoca estes casos de tolemia e cegueira mental ao atopar pechadas as portas e non atopar a saída a unha situación insostible.
O home de 57 anos acababa de ser despedido. Levaba xa varios meses sen cobrar e para máis INRI, déronlle como idemnización un cheque que ao intentar cobrar no Banco dinlle que non ten fondos.
En casos así, “a cabeza non para” desbarátase e xa che dá igual todo. Buscas aos que consideras culpables máis próximos e vas a por eles.
Cando en realidade os culpables están máis arriba. Pero non podes chegar a eles. A Xustiza e os Gobernos non actúan ben, non atopas solución nin onde acudir e o primeiro que se pensa é en "tomar a xustiza pola túa man".
A forma máis habitual de pór fin a esta desesperación é o suicidio.
Non hai que esquecer que os suicidios xa son a maior causa de morte tráxica en España, por enriba ata dos accidentes de tráfico.
Pero algúns antes de morrer queren facer un escarmento. Neste caso o suicidio non se consumou, pero non é desatinado pensar que virá cando a ocasión presénteselle. A súa vida xa está esnaquizada. El mesmo é tamén outra vítima, xunto cos outros catro asasinados.
Con todo, os causantes máximos de que pasen estes episodios están a salvo, con boa situación económica, rodeados de prebendas e gozando da vida, con escoltas, gardacostas e pelotilleiros que lles celebran as grazas e encomian o seu nefasto proceder.
As crises páganas os débiles e necesitados.
As cousas estanse pondo mal e hai xa moita desesperación. Porque hai que recordar que, provocar esas situacións de pobreza, miseria e desesperación, .... tamén é matar







