Despois de que as reunións preliminares non frutificasen en ningún acordo e non ía haber consenso.
Cada quen non estaba disposto a ceder nadiña de nada.
Traían xa a súa postura definida e mantivéronse firmes nela. Non podían ceder, por manterse na súa postura de estratexia partidista e contentar á súa parroquia e non dar impresión de ser colaboracionistas.
Sabían ademais que todo vai saír ben.
E mesmo o equipo de goberno, que aínda que en minoría, non estaba disposto a ceder nas súas pretensións e traía ben aprendido que non lle facía falta buscar consenso, porque os orzamentos sairán adiante mediante a moción de confianza que ten asegurada, porque nas circunstancias actuais non hai posibilidades para unha moción de censura alternativa.
De aí a présa que tiña o Alcalde para que os orzamentos fosen votados e aprobados ou rexeitados. Abreviábase a agonía dos estériles debates.
Os grupos da oposición aproveitaron para facer crítica pura e dura, sacando a relucir asuntos da confrontación corporativa municipal.
Así o edil do NAL falou da necesaria austeridade no gasto para estes "orzamentos dá crises".
Do Taller de Emprego Insert@res, a compra do local da Cooperativa de Cervás, do barco para converter en Aula do Mar, do Observatorio astronómico dá Bailadora, das contratacións irregulares, .....
O Alcalde acusoulle de "amnesia selectiva", por non recordar o seu comportamento cando estaba no machiño do poder e espetoulle que "cada un é fillo das súas palabras e dos seus feitos", facendo mención á súa actuación gobernando e a que na Festa dos Maiores mandouno a sentar na cea xunto aos músicos e non na Presidencia do acto.
O BNG dixo ter unha visión diferente da política municipal e gobernar doutro xeito.
Aludiu á actual falta de ingresos por licenzas de obras maiores, pola recesión e a que desde maio estaba paralizado o estudo do Proxecto ou remodelación do Novo PXOM.
Mostrouse contrario a que haxa que ter contratado un animador cultural e deportivo, xa que desa función poderíase encargar o persoal municipal e tamén non considerou prioritario, nas actuais circunstancias o do barco e observatorio astronómico.
Botou en falta partidas para o Centro de Día, Galescola, Piscina mancomunada e PEPRI ou ARI para Redes.
Do mesmo xeito que o NAL non considerou necesaria a asignación de 20.800 euros para a remodelación da Web municipal, que di está ao servizo da propaganda da Alcaldía. En resposta o Alcalde Iglesias acúsolle de manipulador e de votar a todo en contra ou absterse e de pór unicamente "paus nas rodas para que me chinche" e díxolle que "o seu desexo é verme caer nos brazos da dereita".
O portavoz do PP mostrouse o máis conciliador, daba a impresión de que estaba por facilitarlle as cousas, co seu apoio ou abstención.
Que se non o realizou foi, seguramente, porque tamén traía o súa estratexia de marcar diferenzas e que non lle acusasen de colaboracionista, como nos orzamentos do ano pasado, para tapar os seus falcatrúas.
Baseou a súa oposición en que non lle gusta esa operación de crédito de endebedamento de 450.000 euros, para a compra de terreos para a ampliación do Grupo Escolar, antigo cámping de Seselle e terreos do Castelo e zona de Estacas
.E o ex-alcalde Cendán acabou dicindo: "se queremos espectáculo, pois veña espectáculo", en alusión a que se prosiga coa Moción de Confianza.
O Alcalde daba a impresión de que quedou encantado con este resultado negativo da votación. Sabe ben que será o gran triunfador.
Ten ben aprendida a situación do seu colega Orozco de Lugo.
Sairá reforzado.
Nestes día a batalla de desmentidos, comunicados e notas de prensa sobre os orzamentos municipais 2009, non se fixo esperar, como habiamos prognosticado no Cambalache.
Pois ben, todo sexa pola clarificación e transparencia dos asuntos comunitarios que o pobo ten dereito a saber.
E neste sentido, non debería ocultarse xa por máis tempo a insinuación que se fixo das dúas cousas concretas que pediu o grupo Popular para dar o seu apoio.
Non é de recibo andar con trapalladas, debe haber diafanidade nas negociacións por moi privadas que sexan a conversacións respecto diso.
E nada de "cambelaches". As posturas distintas e o debate, sí , teñen que existir, son clarificadoras e serven para presentar as propostas alternativas.
Pero o ton debe ser o correcto, sen chegar a facer incursións no terreo persoal.
Si se toma esta deriva, o que se fai é emporcallar aínda máis a defenestrada política do todo vale. "As boas palabras aloumiñan; as malas espiñan".
Os grupos da oposición manifestan que non se lles deu opción a discutir as súas propostas alternativas no Pleno, que tingan que ver, única e exclusivamente, coa priorizazón de actuacións municipais urxentes e necesarias.
E o grupo do BNG expón que ata se lle negou a posibilidade de votar que o Proxecto queda en suspenso mentres se atopaba e negociaba un consenso.
Isto explícano nunha Nota que fixeron pública:
O BNG PROPUXO DEIXAR O Documento SOBRE A Mesa PARA COMEZAR UNHA NEGOCIACIÓN SOBRE OS ORZAMENTOS.
Por outra banda desde a Páxina Web municipal dise que:
O goberno local afirma que os feitos constatan que é o BNG o que se nega ao diálogo desde o principio do mandato.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentarios