Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

viernes, 31 de diciembre de 2010

FELIZ 2011 e que pare a CORRUPCION


Logo da tregua navideña, poño un debuxo de corrupción, para que entre tanta festa non esquezamos a realidade que nos arrodea.·

Romayo de Chanteiro Está moi ben, recordalo de cando en vez.....

Alfredo Pardo Hermida Grande realidade do urbanismo pro cazo. Aplaudo a túa idea de que os Concellos sexan patrocinados -polo menos as sesións plenarias- polas empresas de Obras. Xenial, Mestre.

Xoan Mallo ¡que horror! ¡Topamos ca crua relidade.....!·

Víctor Manuel Fuentes Viaño Fenomenal!!! Esta é a representatividade real dos partidos políticos.

Monte Pituco Con permiso, compartimos. Dá gusto atopar visións tan críticas (e non por iso menos evidentes) da realidade.

Xose Manuel Breton Pardo Iamos camiño de esto

Avelino Formoso Romero O millor de todo .."Os porquiños" do escudo...

Joám Do Porto Por desgraça, este boíssimo desenho reflite umha realidade muito mais geralizada do que alcançamos a ver ou do que se tem conhecimento e nom só com empresas promotoras-construtoras.

Xaquín Marín

Romayo, facía ben tempo que non aparecías por aquí, xa se encargarán os patrocinadores de lembrarnos esta situación.E pronto.

Alfredo, ata haberá empresas que patrocinen as xubilacións, así que veremos nos parques vellos co rótulo, vello p...atrocinado por Porsecola. É un horror, como di Xoán, pero estamos tan afeitos que, quen sabe se postos no seu lugar, nós, non faríamos o mesmo.

Victor: Observarás que no lado dereito (do debuxo) aparece unha concelleira que non ten patrocinio, se supón que é independente e que o seu voto, non é preciso para tomar decisións.

Monte: Claro que tes permiso, ao debuxo que se te fixas non está centrado, tiven que quitarlle un anaco por aquelo do escaneo, e preferín que se salvara a concelleira da que falei antes. Iamos camiño diso, e agora con esponsorización de empresas doutro tipo seguiremos igual. O malo é que hai concellos que teñen un porco no escudo e se poden dar por aludidos, pero eses non son( en todos os casos) Joan: Ti tamén te decatas que a corrupción evoluciona, e vai collendo diferentes facianas, segundo lle conveña.

Tapices Galicia Xenial que alguén seipa ver a realidade e plasmala tal cal é, alucinante o pasotismo que temos todos ante estas situacións, ¿que carallo nos pasa?

Xan Das Bolas mestre xaquim compartolha

Xaquín Marín Tamén eu, logo de facer o debuxo paso ao pasotismo.
Estás no teu debuxo Xan, o que si é que repito que está descentrado.

José María Carricoba Armesto Moi bo.Eu substituiría os porquiños do escudo por uns "chourizos".

Xaquín Marín José Mª: Ti ves as cousas con perspectivas de futuro.

martes, 28 de diciembre de 2010

miércoles, 22 de diciembre de 2010

miércoles, 15 de diciembre de 2010

A crise e a desesperación xa causa mortes




A crise e a desesperación xa causa mortes.
Pero, provocar situacións de pobreza, miseria e desesperación, ...... tamén é matar.

Ocorreu esta mañá en Olot (Xirona), onde xa pasaron recentemente outros casos de crimes.
Un individuo, parece ser que con personalidade alterada ou desequilibrio mental, asasinou a catro persoas.
Dous eran os donos da Empresa onde traballaba de albanel e outras dúas dun Banco.
A desesperación unida a estas personalidades alteradas, provoca estes casos de tolemia e cegueira mental ao atopar pechadas as portas e non atopar a saída a unha situación insostible.

O home de 57 anos acababa de ser despedido. Levaba xa varios meses sen cobrar e para máis INRI, déronlle como idemnización un cheque que ao intentar cobrar no Banco dinlle que non ten fondos.
En casos así, “a cabeza non para” desbarátase e xa che dá igual todo. Buscas aos que consideras culpables máis próximos e vas a por eles.
Cando en realidade os culpables están máis arriba. Pero non podes chegar a eles. A Xustiza e os Gobernos non actúan ben, non atopas solución nin onde acudir e o primeiro que se pensa é en "tomar a xustiza pola túa man".

A forma máis habitual de pór fin a esta desesperación é o suicidio.
Non hai que esquecer que os suicidios xa son a maior causa de morte tráxica en España, por enriba ata dos accidentes de tráfico.

Pero algúns antes de morrer queren facer un escarmento. Neste caso o suicidio non se consumou, pero non é desatinado pensar que virá cando a ocasión presénteselle. A súa vida xa está esnaquizada. El mesmo é tamén outra vítima, xunto cos outros catro asasinados.

Con todo, os causantes máximos de que pasen estes episodios están a salvo, con boa situación económica, rodeados de prebendas e gozando da vida, con escoltas, gardacostas e pelotilleiros que lles celebran as grazas e encomian o seu nefasto proceder.

As crises páganas os débiles e necesitados.
As cousas estanse pondo mal e hai xa moita desesperación. Porque hai que recordar que, provocar esas situacións de pobreza, miseria e desesperación, .... tamén é matar

jueves, 9 de diciembre de 2010

martes, 7 de diciembre de 2010

El BNG de Ares renueva su candidatura con Emilio Mesías como cabeza de lista


El BNG de Ares renueva su candidatura de cara a los comicios municipales del próximo mes de mayo. Emilio Mesías, que ha ejercido hasta ahora cargos como el de presidente de la asociación cultural Xábrega, asume por primera vez el liderazgo de la lista nacionalista para las próximas elecciones. También ha sido integrante de las diferentes agrupaciones musicales existentes en la villa y dirigente de la asociación de padres de alumnos del colegio rural de Cervás.

Mesías, que accede a ese puesto en calidad de independiente, resultó elegido en una asamblea que los nacionalistas aresanos celebraron el pasado miércoles, 1 de diciembre. El nuevo candidato ha confirmado esta mañana que los demás puestos de la lista también serán elegidos en base a un afán de renovación y de integración de dirigentes del movimiento asociativo local.

En la actualidad, el BNG elabora su programa electoral, aunque prevé potenciar en las próximas semanas la colaboración con el movimiento asociativo, de cara a poder recoger sus peticiones e integrarlas en ese documento.

En todo caso, Emilio Mesías ha avanzado que ese programa girará en torno a tres ejes. Se trata de la redacción de un nuevo planeamiento urbanístico, la elaboración de una relación de puestos de trabajo que regule las condiciones del personal municipal y la instauración de una política que sirva para la reactivación económica de la localidad.

Mesías, de 36 años de edad, releva en las funciones de candidato a Manuel Rodríguez Doval, que fue alcalde de Ares en minoría entre 1987 y 1991. Posteriormente, ejerció como teniente de alcalde en el gobierno de coalición que rigió la localidad entre 1995 y 1999, con José Juan Vilasánchez (PSOE) como regidor. Doval no formará parte de la candidatura, según ha asegurado el ex regidor.

Notas biográficas de Emilio Mesías

Comezou a recibir clases de Gaita aos 9 anos, na Escola Municipal de Gaita de Ares. Realizou estudos de Piano no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol, titulándose máis tarde na especialidade de Solfexo, Teoría da Música, Transporte e Acompañamento.

Formou parte da Banda de Gaitas de Ares e dos grupos Lume, Quer que lle quer, Charabisca e Atahíde, como gaiteiro, acordeonista e teclista. Có grupo Charabisca conseguíu o II Premio no VII Certame de Música Folc, participando na grabación do CD dos gañadores do certame. Publicou, dentro da colección Cadernos de Gaita Galega (Ed. Dos Acordes), o caderno Empezares con composicións para Gaita-Piano.

Posúe unha dilatada experienza no ensino musical en conservatorios, ademáis de impartir docencias sobre temas relacionados coa música tradicional e popular.

Na actualidade está a realizar o último curso do Grao Profesional de Música na especialidade de Gaita.

Pertenece a unha familia de longa tradición na música: "Os Mesías" de Mugardos, que tocaron en Orquestas e bailes. Como no salón "La Palmera de Chanteiro" e no "Parrocho de Ares".

NOTA DE PRENSA DO BNG DE ARES

jueves, 2 de diciembre de 2010

Non podía faltar D. Federico, na "Inauguración do Mazote" en Ares

Non podía faltar a ánima de D. Federico, na "Inauguración do Mazote" en Ares

Cando a Santa Compaña inaugurou a Avda. do Mazote no "Dia de Defuntos", D. Federico tamén estaba na comitiva, pero estaba agochado nunha árbore a beira do lavadoiro do camiño de Pedrós, polo que o Preboste e compañía non repararon nel.

Agora este sábado 4 de Santa Bárbara, a Corporación Aresán fará un acto de desagravio por non telo visto e en honra deste destacado "Amigo dos Árbores".

¡Por favor ......!, que pase ya el PP



miércoles, 1 de diciembre de 2010

TODO ESTÁ PODRE - WikiLeaks lo descubre

Nos engañan como a chinos.

¡Qué vergüenza para la clase política, diplomática y judicial!

Menos mal que algunos muchos, ya hace tiempo que no creemos ni confiamos en nada.

Moratinos y López Aguilar ayudaron a frenar el ’caso Couso’, según los documentos de EE.UU.