Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

lunes, 17 de agosto de 2009

TOROS EN ARES

martes, 11 de agosto de 2009

TARXETAS DE MINUSVALIDOS FRAUDULENTAS


A corrupcción imperante, comezando pola dá clase dirixente, se reflexa na cidadanía que tamén crense que poden practicala.

AS TARXETAS DE ESTACIONAMENTO se convirten nunha mercadoría para captar votos e se lles concede a calquera que teña unha minusvalidez do 33%, ainda que poida correr un maratón.
Pois baste que teña ese porcentaxe, ainda que non teñan minguada a mobilidade, para que se lles conceda. Poden ser xordos, afónicos ou virollos, ou calquera outra falla de saude que non reste mobilidade.

Tamén se lles dá para as persoas maiores ou impedidos que non conducen, para que os leven os seus familiares; pero logo as utilizan os fillos, netos e demais parentela mentras o titular permanece na casa.
Tamén préstanse e trafican uns con outros e mediante copias autenticamente fotocopiadas.

Esta corrupción, que non é perseguida pola Policía Local nin outras Autoridades, permite esta depreciación dás auténticas Tarxetas diante dás falsas e as alegremente concedidas.

Son os froitos dun complot xeneralizado que estamos a padecer co lema imperante de "Todo Vale".

Todolos días contemplamos estes casos de usuarios fraudulentos, que teñen o estómago de usurpar a praza dun discapacitado.
Sacan a Tarxeta dá guanteira do coche cando aparcan, e volven a gardala cando vanse. Parece darlles vergoña que a vexan con ela os seus coñecidos.
Outros, con mais cara, xa lles dá igual. E se alguén lles afea a conduta ainda teñen mais que dicir.
A Policia, por suposto teñen instruccions de pasar de todo isto, e perseguen outras nimiedades.

Cada día deste verán se comproban estes feitos nos aparcamentos de Caixa Galicia, Froiz, Avenida e outros.
Xente nova, que poideran ser campións de tríatlon, poñen a Tarxeta fraudulenta on sen ela, pero con todo descaro.

Fai tempo xa tinga pensado tocar este tema, pero moi oportunamente se me adiantou o novo Blogue "O Ferrado" de "Caamouco.net", polo que lle dou ou meu agradecemento, como usuario legal e autorizado de Tarxeta. Pois, credeme, que polo feito de selo dáme certo pudor falar ou escrebir diso.

Aparcamentos para minusválidos.

Pasa tódolos días. Vexo ocupar as prazas de aparcamento exclusivo de minusválidos por vehículos dos que saen persoas sen problemas, aparentemente, de mobilidade. Maila isto, vexo que colocan unha cartón que lles autoriza para aparcar nesa praza. Coido que, ou ben estanse a dar cartóns de autorización para aparcar a persoas que non teñen mobilidade reducida, ou que bastantes usuarios están a facer un abuso dá autorización. De calquera xeito, a insolidaridade dentro do grupo é cando menos igual ca que temos o resto con eles. Se non teñen a día de hoxe mobilidade reducida, fraco favor fanse ao seu futuro abusando dá autorización de aparcamento. Tampouco estaría de máis que a nosa Policía Municipal extremase a vixianza destas zonas.

Noraboa tamén "O Ferrado" colega polos seus temas. E vou ter o atrevemento que me dá o tufo, de dicir que este anónimo "Ferradista" e algo así como un "Uparesán Porteño do Sol. ??? (pdv)".