Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

sábado, 27 de enero de 2007

Mais sobre o culebrón do Concello de Ares

Do caso político Dos Nanos xa nos medios saleu bastante. Agora debe pasar a fase satírica e de sarcasmo. Xa se comparou o caso con outros xemelgos famosos: Caín e Abel, Rómulo e Remo. Debe pasar xa a parodiarse con Zipi e Zape, Os Irmáns Tonetti, e mesmo tamén con Coto e Kiko Matamoros. Mirade a semellanza.


Moito de misa eles non son. Sómente cando hai que lucirse nunha procesión e coa idea de que poida darlles votos entre os feligreses. E por enriba, aínda protestan se non se lles reserva un lugar preferencial.

Por iso o Cura non sacou nada, na Folla Parroquial desta semana, dá súa intervenzón na lía familiar.
O que si puxo o Crego, e a recomendación de que non leven os cans o cemiterio, pois atopáronse deposicións no interior, o que ademais de ser pouco hixénico e unha falta de respecto ou lugar.
Para rematar, como diciamos enriba, o "Caso Nanos" debería pasar xa a fase do famoseo na Tele-lixo e medios afíns, emulando a perruqueira de Arcade detida en México.
Poderían ir, por dar ideas, a: Dolche Vita, Aquí hai Tomate, Salsa Rosa ou Buenafuente. E mellor sendo capaces, - cara xa teñen demostrado - de poñerse en "pelota picada". Un adiante pode ser esta ecografía.

Nuevos Partidos en ARES y Mugardos

NUEVA ALIANZA ( N A L )

Domicilio : rua R. Castelao, 67 - bajo - A R E S

Inscrito en el registro del Ministerio del Interior el 20-12-2006

================================================

ACCION POR MUGARDOS (AxMU)

C/ Esquina Cotellón, 1, 1º D - MUGARDOS (CORUÑA, A) Fecha: 29/12/2006

jueves, 18 de enero de 2007

Resaca nos medios ao Fratricidio dos Pupul_ARES

O Presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, dixo que si tivera potestade "mandaría al hermano del Alcalde de Ares al Vaticano". Es "un problema familiar que repercute en la política" e ironizó con la salida del ex alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez, al señalar que él no tiene potestad "para mandar al hermano del alcalde de Ares al Vaticano".

Gran resaca nos medios de comunicación ao "Fratricidio dos Pupul_ARES.
O máis suave que soa é: deslealdade, egoísmo, ambición de poder, traizón, fratricidio, caínismo, loita familiar, ......
Estes epítetos non se lanzan só ao "Nano Listo", se non tamén aos seus acompañantes na desfeita, que traizoan ao Nano_Alcalde. A quen antes todos aplaudían e gozaban das súas cafradas. Pero agora, cando a cousa ponse fea e albíscase a perda do poder, fan honor á súa militancia do PP e, do mesmo xeito que a gaivotas foxen do mar embravecido para refuxiarse nos basureiros.

Dos comentarios dous medios entresacamos o seguinte:O irmán xemelgo do alcalde se erixe no seu rival para as próximas municipais. Despois unirán os seus votos, porque todo pode ser unha xogada, non ai que esquecelo.
Din que aos irmáns xemelgos únelles un vínculo especial ao longo de toda a súa vida. No municipio coruñés de Ares, ao sur da ría de Ferrol, a ambición política desmente á ciencia. Dous irmáns xemelgos idénticos, aínda que cada vez mais diferenciados, disputaranse a Alcaldía da localidade nos próximos comicios municipais de maio de 2007.

Os protagonistas son Xosé Manuel e Luís Cendán Fernández, ambos afiliados e militantes do Partido Popular desde o seu fundación en 1977. A súa loita fratricida polo poder é o primeiro e único tema de conversación en Ares estes días. Xosé Manuel é máis calado. Luís é máis linguateiro, discutidor e con forte ton de voz que se altera sen control nas discusións.
Para diferencialos a xente chámalle a Luís o "Nano Listo", con certo rin-tin-tin pexorativo.

Manuel é o actual rexedor do municipio, onde goberna por maioría absoluta desde 1999. O seu irmán Luís, segundo de abordo no Goberno local e ata agora man dereita do alcalde, exerceu durante os últimos sete anos como primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Turismo, Policía Local, Protección Civil e Réxime Interno. Era o pretor instigador.

Os rumores xa se viñan escoitando desde fai algún tempo, con algún enfrontamento familiar no propio bar "Os Nanos".
Pero a lebre saltaba o pasado martes cando Luís Cendán e os outros catro edís rebeldes do PP en Ares -Anxo Vilar, María Xosé Fontenla, Flor Mariño e Camilo Molíns- anunciaban publicamente a súa intención de abandonar a formación de dereitas para fundar o seu propio partido político e concorrer baixo novas siglas ás eleccións municipais de 2007.

A marcha dos cinco edís do equipo de goberno de Ares deixa ao Alcalde completamente só á fronte do consistorio e a soas coa oposición, tres edís socialistas e dous do BNG, no medio dunha tormenta política como poucas e cos ingredientes necesarios para converterse nun culebrón.

E digna de saír neses programas lixo da TV., "Aquí hai Tomate" e similares. Talmente como os casos de Marbella.

Xosé Manuel e Luís Cendán Fernández afiliáronse xuntos ao PP en 1977, fai case 30 anos cando aínda era Alianza Popular. Casáronse con poucos meses de diferenza e ambos teñen dous fillos. Viven no mesmo edificio, xunto aos seus pais, nunha céntrica rúa de Ares encima do negocio
familiar, o bar "Os Nanos" na rúa dos Anxos, que agora rexenta Luís en solitario.
Xosé Manuel tivo un negocio de pinturas ata que os seus compromisos políticos requiriron toda a súa atención.

En poucos anos, acumulou cargos públicos: deputado provincial do PP, membro da Mancomunidade de Municipios da Ría e da entidade Costa Ártabra, que se financia con fondos europeos.
Mentres, o seu irmán xemelo Luís permanecía discretamente como cerebro na sombra, gozando tamén das prebendas municipais, sen asistir o seu posto de traballo estatal, mediante xustificantes do seu cargo. Ata que o pasado martes decidiu reclamar o seu anaco de pastel na política local.
Veciños do municipio aseguran que o enfrontamento entre os dous irmáns Cendán xa vén de lonxe, e recordan que en 1999, meses despois do seu desembarco no Concello de Ares, ambos pactaron repartirse a Alcaldía e o sillón de deputado provincial do PP, na Deputación Coruñesa.

Din que entón Xosé Manuel "xogoulla" ao seu irmán Luís e ocupou ambos cargos co beneplácito da executiva popular. As relacións entre ambos se tensaron aínda máis o pasado mes de setembro cando se barallaron os candidatos populares para as próximas municipais.

Fontes próximas aseguran que Luís estivo a piques de facerse co control da agrupación local do PP en Ares, pero que no seu camiño cara á alcaldía topouse coa "gran amizade" que Manuel Cendán mantén con Juan Juncal, presidente provincial do partido, e con Xosé Manuel Romay Beccaría, quen truncaron as súas expectativas políticas.
Oficialmente, Xosé Manuel Cendán aínda non foi designado candidato para optar ao seu terceiro mandato en Ares, pero extraoficialmente sábese que encabezará a lista popular por ese municipio. Xa deron conta disto os medios de comunicación. Ainda que o ten difícil sair.

Unha vez que os cinco edís anunciaron a súa marcha, o rexidor aresán acusou ao seu irmán de "egoísta" e de levar a cabo unha particular vinganza "porque nunca superou que eu sexa o alcalde".

Pola súa banda, Luís Cendán defendeu que "cinco concelleiros non poden estar equivocados".
"A xente di que o alcalde debo ser eu porque o meu irmán xa non é a persoa que poida garantir a maioría absoluta", engade Luís.

Para o seu reelección, Xosé Manuel Cendán ten en contra un rosario de acusacións e xuízos pendentes, entre os que figura a presunta manipulación do censo antes dunha cita electoral, oficiar unha voda civil sen expediente ou a inauguración, en decembro, do novo concello de Ares, situado en primeira liña de praia e sobre o que pesa desde xuño unha orde de paralización.

Dende a oposición municipal, Manuel Rodríguez Doval (BNG), asegura que ambos irmáns gobernaron conxuntamente, "aínda que Manuel é o que firma, e Luís, o que lle dá corda, pero non se pringa".
Doval comenta que, tras esta loita polo poder, os dous irmáns dispútanse o control do diñeiro "que xera a especulación urbanística no municipio" e asegura que nos xulgados están pendentes varias causas pola concesión de licenzas irregulares.

Na agrupación socialista de Ares consideran que os "grandes erros" na xestión municipal "foron compartidos polos dous irmáns" e esixen aos cinco edís que "clarifiquen a súa postura" dentro do Goberno local. Polo momento, o alcalde non decidiu se cesará aos cinco edís rebeldes, pero si está claro que conta co respaldo da dirección provincial do PP na Coruña. O seu presidente Juan Juncal, Alcalde de Ferrol, manifestou que o PP está "moi satisfeito" co traballo que Xosé Manuel Cendán está realizando á fronte do municipio e dá por seguro que volverá encabezar a lista do PP en maio.

Segundo fontes da dirección do PP na Coruña, probablemente nos próximos días iníciese un expediente de expulsión contra estes cinco edís rebeldes, tal como xa sucedeu no veciño Mugardos. Mais aquí ......

jueves, 11 de enero de 2007

TOMATADA DE CHISMORREOS POPUL_ARES, diante das vindeiras Municipais

NOTICIA BOMBA: CRISIS EN EL PP DE ARES - Dejan sólo al Alcalde al frente del gobierno municipal. Los otros 5 concejales abandonan el partido.


Ocorre isto cando querendo repartir a tarta, acábanse repartindo tortas e ademais de forma fratricida.
A historia, dende Caín e Abel está repleta de fratricidios.

Entre os que ostentan algo de poder, son frecuentes as conxuras, destronamentos, golpes de estado e movemento de sillóns.
No momento actual, a "desprestixiada clase política", non se libra destas manobras.
Empezando polos chanzos máis baixos, como poden ser os Concellos. ¡Que non ocorrerá nas alturas!
Diante da confección das listas para as municipais, os rumores vanse estendendo e alcanzando apoxeo, segundo chismorreo comentado.

É o caso de encabezar a lista dos alcaldables, que segundo parece, no caso do Partido Popular de Ares desexa recuncar, con todo o que lle chove, o actual alcalde Xosé Manuel Cendán, tal como refiren os medios.

Pero é aquí onde xorde a ambición, - que pode ser lóxica ou non - do seu irmán xemelgo Luís, o outro "Nano" que tamén aspira ascender a Alcalde.
Luís Cendán xa tocou poder bastante no seu cargo de Súper_concellal. Tivo ata veleidades golpistas, sendo desposuído dos seus cargos por unha orden decretada polo seu irmán o Alcalde, para que tivese "unha cura de humildade". Pasado un tempo, restituíronselle as atribucións que continúa ostentando.

Pero, a mosca debe continuarlle detrás da orella.
Os rumores apuntan que, fai algún tempo, houbo un grave enfrontamento familiar no seu bar "Os Nanos" , onde se cruzaron graves insultos, acusacións e ata ámagos de agresións.

Nun principio, cando non había tanto poder e emolumentos para repartir, entre eles dous, había un pacto ou acordo de irse alternando nos postos privilexiados das listas electorais. Así veu sucedendo nos períodos en que quedaban na oposición.

Pero cando se toca poderío, é cando aparecen as lías fratricidas e non hai pacto que aguante. Ocorre como cando toca repartir a herdanza dos pais. Se é unha miseria, todos irmanados, mais ..., cando hai capital de por medio, xorden as puñaladas trapeiras.

Ademais, en todo isto xoga o feito de que o actual Alcalde puidese verse a curto prazo inhabilitado polos casos que ten imputados e pendentes de resolución xudicial.

Pero sobre todo, por que no momento actual respírase aire fresco de progresismo e desenvolvemento dos dereitos por todas partes. Teñen todas as de perder a poltrona.

E coa que está caendo sobre a forma de levar a municipalidade local, a xente optará eiquí tamén por un cambio con talante, a pesares do forte caciquismo reminescente aferrado no núcleo da vila aresán, que debe ser sacudido.

Po-lo momento, ¡¡o tomate xa está servido!!, e dará para varios capítulos.

sábado, 6 de enero de 2007

Otros se alegran, por razones políticas, como cuando los incendios de Galicia


ETA
"Cobardes gudaris de mierda", que buscando el poder, tienen estómago para asesinar a inocentes de uno de los pueblos más pobres de la Tierra : Ecuador.
Aquellos, por los que luchó y murió un ejemplo de auténtico guerrillero revolucionario:
CHE GUEVARA, espejo en el que debieran mirarse estos pistoleros a sueldo, sin ideas y sin entrañas.